Hoxe tivo lugar a celebración dun día moi especial, "O Día da Non-Violencia e da Paz". Como cada 30 de xaneiro, lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz.
Por iso, para conmemorar este día realizamos distintas actividades:
OS ALUMNOS/AS DE E.I
1. Medalla da Paz.
2. Realizamos unha mandala co símbolo da Paz utilizando pedras decoradas con diversas técnicas.
3.Decoramos pratos co símbolo da Paz utilizando témperas de cores.
OS ALUMNOS/AS DE PRIMARIA:
Pócima da paz
Carteis da paz
Pócimas para a Paz
Nós coa paz
Ao final do día, reunímonos no pavillón para conmemorar "O día da Paz". Sentámonos formando un gran lazo de cor verde, xa que tamén queríamos conmemorar "O día contra o cancro".
Os alumnos/as de primaria leron poemas de Paz que moi atentos escoitamos. Foron moi bonitos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario