POEMA DE LUISA VILLALTA: RUÍDO
<
Na biblioteca do noso centro existe un clube de lectura “Paseniño” no que os nenos están reuníndose un día a semana. O obxectivo principal e o fomento da lectura e a promoción de distintos xéneros literarios co aporte de evidencias dixitáis, creativas e lúdicas propoñendo a lectura individual e lúdica de cómics.
Neste momento estamos a ler o libro "Amanda Black. Una herencia peligrosa" de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Os nenos e nenas poden ampliar os seus coñecementos recorrendo a distintas plataformas para crear produtos individuais: podcast, memes, fotografías e cómic, como o creado polos alumnos en Canva
.
Tal e como destaco na entrevista realizada por Promecom Valdeorras "Non é tan importante que lean, senón que lles guste o que len".
Adxunto enlace o publicado da entrevista:
https://www.facebook.com/100064010231366/posts/836337841843216/?rdid=zmg3XCbTL87Zj397
Como premio pola súa implicación activa no clube de lectura realizaremos un Roteiro poético-literario de Celso Emilio Ferreiro en Celanova (23 de Abril). Os alumnos/as terán que buscar información sobre o autor, a súa obra e o roteiro na páxina da Xunta (QR). Tamén participarán coa lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro que gravaremos en video e despois subiremos ao blogue da biblioteca.
Roteiro Literario Celso Emilio Ferreiro.
Os alumnos/as pode interactuar coa información e os códigos QR xerados por eles de forma autónoma e así poden consultar a información en calquera momento que o precisen e utilizala para realizar distintas actividades relacionadas co día das Letras Galegas (scape room). Para poder visualizar os QR o alumnado terá descargado un lector gratuito nas tabletas do cole.
Códigos QR
Luisa Villalta. Poesia galega
Luisa Villalta.
Muller de música e poesia.
Luisa Villalta.
Portal de Cultura Galega
A continuación engadimos un caderno sobre a vida de Luisa Villalta. Preme a imaxe.
Aquí tedes os traballos de investigación sobre a historia dos aparellos reproductores de música nunha liña de tempo
Os alumnos dos alumn@s de 2º B de Ed. Primaria recibiron a visita de Sandra, nai da alumna Inés Vidal Méndez.
Os alumnos do Equipo de biblioteca investigaron sobre os escritores que naceron en Celanova, próxima visita que faremos, xunto co club de Lectura Paseniño de 5º de primaria. Aquí tedes os seus traballos de investigación
Os alumnos de 6º de primaria están a realizar traballos de investigación na aula de música. Expoñemos aquí os seu traballos.

Os alumnos de primaria participamos na elaboración do maio do cole e no obradoiro de poesía eleboraron as nosas coplas, presentadas na celebración dos Maios, promovido polo Concello, quedando gañadores tanto no premio ao maio enxebre como nas coplas, asi como o premio ao Voto Popular.
Participamos no VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio, toda a comunidade educativa participou en algunha medida neste podcast, alumnos, profes e familias. aquí podedes escoitar o podcast que preentaba un pouco de todoso os puntos que solicitaban no concurso
A temática que traballamos toca varios puntos
-
1. A muller na literatura galega e as mulleres nas Letras Galegas
Os alumnos realizan unha entrevista a profesora Mª Carmen Núñez que falará sobre
as etapas da muller na literatura galega. (Presenta o programa Antón e realiza a
entrevista Clara
2. Activismo cultural e medioambiental nos anos 90
Faremos una entrevista a avoa de Sara que nos falará das dificultades que se lle
presentaron para estudiar a carreira, nesa época. Realiza a entrevista Sara a súa avoa
Mª Carmen González Núñez.
3. Aspectos biográficos de Luisa Villalta
Continuamos cunha breve biografía de Luisa Villalta . Participan Andrea, Cayetana,
Emily, Martín e Marco
4. Estimulación da lectura da poesía
Os alumnos recitarán una poesía de Luisa, recitan o poema Sara, Ricardo, Geraldine,
Jose e Dani. e acabarán cun breve fragmento do seu pensamento recitado por
Mohamed, Ismail, Samuel, Naya e Malak
Despiden o program Diana