luns, 8 de abril de 2024

CLUBE DE LECTURA PASENIÑO

Na biblioteca do noso centro existe un clube de lectura “Paseniño” no que os nenos están reuníndose  un día a semana. O obxectivo principal e  o fomento da lectura e a promoción de distintos xéneros  literarios co aporte de evidencias dixitáis, creativas e lúdicas  propoñendo a lectura individual e lúdica de cómics.

Neste momento estamos a ler o libro "Amanda Black. Una herencia peligrosa" de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Os nenos e nenas poden ampliar os seus coñecementos recorrendo a distintas plataformas para crear produtos individuais: podcast, memes, fotografías e cómic, como o creado polos alumnos en Canva


.


Tal e como destaco na entrevista realizada por Promecom Valdeorras "Non é tan importante que lean, senón  que lles guste o que len"

Adxunto enlace o publicado da entrevista:

https://www.facebook.com/100064010231366/posts/836337841843216/?rdid=zmg3XCbTL87Zj397

Como premio pola súa implicación activa no clube de lectura realizaremos un Roteiro poético-literario de Celso Emilio Ferreiro en Celanova (23 de Abril). Os alumnos/as terán que buscar información sobre o autor, a súa obra e o roteiro na páxina da Xunta (QR). Tamén participarán coa lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro que gravaremos en video e despois subiremos ao blogue da biblioteca.

 Roteiro Literario Celso Emilio Ferreiro.




Ningún comentario:

Publicar un comentario