mércores, 29 de marzo de 2023
DÍA DO TRANSPLANTE PEDIÁTRICO 29 DE MARZO 2023
venres, 10 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Semana especial dedicada á prensa. Apesar do mal momento que a industria da prensa escrita leva pasando desde hai uns anos, continúan sendo un piar moi importante para a educación. Realizar actividades para traballar a prensa escrita na aula permite fomentar a lectura, ampliar o coñecemento da nosa contorna ou tamén realizar unha síntese dun texto desde un punto de vista crítico. Con motivo da semana da prensa, realizamos diversas actividades para comprender a súa importancia: -Convertémonos en escritores. Escribimos o noso nome cunha máquina de escribir antiga.
-Recortamos noticias que nos pareceron interesantes.
mércores, 8 de marzo de 2023
8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe é un día moi especial para todas as mulleres. Neste día lembramos todo o que fixemos as mulleres ao longo da historia.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas podamos estudar, dicir o que pensamos, participar en diversas actividades, xogar xuntos ou soñar cando crezamos. Pero non sempre foi así, fai algún tempo as mulleres só podíanse dedicar ás tarefas do fogar.
Moitas non estaban conformes e a pesar das dificultades, escondéndose ou disfrazándose, fixéronse científicas, pintoras, médicas, escritoras, inventoras..
A verdade é que lles debemos moito a estas mulleres porque fixeron posible o que parecía impensable. E xa ninguén pode dicir: "non podes facer iso porque es nena ou porque es neno"
AQUI TEDES UNHA ESCOLMA DE LIBROS SOBRE MULLERES DA NOSA BIBLIOTECA

xoves, 2 de marzo de 2023
ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO
Hoxe tivemos unha visita moi especial ao centro, "SABELA GAGO", organizado por Santillana.
Sabelo Gago, é Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio. Reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actriz e docente teatral na compañía Sarabela Teatro, co traballo de dinamización á lectura en Concellos, Cefores, Bibliotecas e Centros educativos de Galicia.
O alumnado do primeiro ciclo de primaria, puido gozar dunha animación á lectura co conto de "Martiño".
Que ben o pasaron!!
venres, 17 de febreiro de 2023
CHEGOU O ENTROIDO AO COLE
Ao longo da semana traballamos sobre a tradición tan importante na nosa terra "O entroido". Recorrimos distintos pobos e vilas para coñecer as distintas tradicións típìcas de cada zona. Como resultado da nosa investigación elaboramos o seguinte libro:
Os nenos e nenas de infantil realizaron distintas actividades relacionadas coa temática do entroido.
Levaron a cabo lectura de contos como: "O entroido dos animais", entre outros, decoráronse máscaras, elaborouse unha meca:
Pero tamén, viviron o entroido gozando dunha instalación artística deixando voar a súa imaxinación. Así de ben o pasaron:


















.jpg)










.jpg)






.jpeg)






.jpeg)



















