Semana especial dedicada á prensa. Apesar do mal momento que a industria da prensa escrita leva pasando desde hai uns anos, continúan sendo un piar moi importante para a educación. Realizar actividades para traballar a prensa escrita na aula permite fomentar a lectura, ampliar o coñecemento da nosa contorna ou tamén realizar unha síntese dun texto desde un punto de vista crítico. Con motivo da semana da prensa, realizamos diversas actividades para comprender a súa importancia: -Convertémonos en escritores. Escribimos o noso nome cunha máquina de escribir antiga.
-Recortamos noticias que nos pareceron interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario