venres, 11 de novembro de 2022

SEMANA DO MAGOSTO

 

Dado que a festividade do Magosto é tan importante na nosa comarca, realizamos distintas actividades ao longo da semana co noso alumnado. Léronse contos, adiviñas, poemas, lendas, entre outros. 

Os alumnos/ as de 6º de E.I estiveron traballando o conto " O apalpador e a castaña". Primeiramente escoitaron o conto e despois o miraron en pequeno grupos.

                                   


Ao finalizar, colocaron as letras para formar a palabra "CASTAÑA" e fixeron un acróstico.






Os alumnos da aula de 3º A, estiveron traballando adiviñas, poemas, entre outros, sobre o Magosto. 












Tamén os alumnos de 3º B uníronse a esta proposta cas súas adiviñas, poemas: 






Outra proposta que levamos a cabo, foi que cada aula decorase o seu cono co escudo da escola á que pertencen para recoller castañas. Que divertido !!!











Para finalizar a semana, propuxéronse distintos xogos moi divertidos tanto para Ed. Infantil como para E. Primaria. E por suposto, disfrutamos dun rico bocata e de castañas asadas. Que rico!!!








luns, 7 de novembro de 2022

HORA DE LER

 

A lectura é unha ventá aberta ao mundo que contribúe ao desenvolvemento integral da persoa a nivel cognitivo, afectivo, comunicativo e expresivo. Un obxectivo moi importante é que os nosos alumnos/as aprendan a amar a lectura e que a vexan como unha maneira para divertirse e entreterse.

Non cabe dúbida de que a lectura é a base da aprendizaxe; por tanto, é importante fomentar o gusto e o interese pola mesma de forma que os alumnos  incorporen esta actividade na súa rutina diaria.
O bo lector non nace, senon que se fai. Así, para chegar a ser bos lectores desde a biblio propoñemos que se adique diariamente un momento especial "HORA DE LER" para exercitar a lectura. 

Como podedes ver, cada aula, dedica 15 minutos diarios á lectura: 


OS ALUMNOS/AS DE 1º 



OS ALUMNOS/AS DE 2º 




OS ALUMNOS/AS DE 3º A DE E.P







OS ALUMNOS/AS DE 3º B DE E.P






















OS ALUMNOS/AS DE 6º A




COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe