luns, 20 de abril de 2020

CONCURSO DÍA DO LIBRO


Dende a biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas poñemos en marcha un concurso para celebrar o día do libro, poderá participar  todo o alumnado de primaria.











Esta é a imaxe de acceso a Flipgrid que che enviou o teu titor/a, para acceder podes escribir os datos facilitados. Outra opción é escanear o código QR que aparece, é máis directo, doado e rápido ao non ter que escribir ningún dato.

 


--------------------------------------------------------------------------------------------



---------------------------------------------------------------------------------------------------------


https://flipgrid.com/s/3937567f0f19
MATÍAS 1ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/23a04ae129e0
 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/ed81a71dc0de
DYLAN 1ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/e48bf1a93799
 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/975d47bceb2e
GABRIELA 4ºA PRIMARIA

https://flipgrid.com/a/fb5441a8c3bd

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/c38dc8bf5d7c
ÁLVARO 5ºB PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/e7cbab61b0ab

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://flipgrid.com/s/5bead4ad7656
 LUCÍA 6º B PRIMARIA
https://flipgrid.com/a/55cf410b3df7


 --------------------------------------------------------------------------------------------------------

sábado, 18 de abril de 2020

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO



Comezamos cunha pequena historia, trata sobre un bichiño raro que está a pasear por aí fóra e que chega a alborotar o noso rabaño...
Sabedes o que faremos? Ummmmm!! Teredes que ver o seguinte vídeo ata o final. Descobre o que acontece! 



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 DE ABRIL

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil que se celebrou o pasado 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 








DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
23 DE ABRIL

  Outra das celebracións deste mes de abril, é o día do libro. Como todos os anos festéxase o 23 de abril.
A súa orixe remóntase ao ano 1926. O 23 de abril de 1616 falecían varios famosos escritores, Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de La Vega.

 

 Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores, así afoutar entre todos, e en particular á rapazada, a descubrir o pracer da lectura da man dun bo libro cunha chea de historias e aventuras.
Queres saber máis? Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo con algunhas curiosidades. 



Podes deixar os teus comentarios neste blog máis abaixo, no espazo habilitado. Cal é o libro que máis che gusta? Por que? Leremos e publicaremos todas as suxestións que nos fagas. Anímate a escribir! Que non che dé vergoña!







 Lembra que nestes días, ao non poder ir ao cole, podes seguir a lectura dende a túa casa a través das aplicacións Ta-Tum da editorial Edelvives e tamén coa aplicación Elbe2. Poderás atopar nelas unha morea de libros en formato dixital de diferentes temáticas.




luns, 13 de abril de 2020

OS BOLECHAS POLA IGUALDADE

A campaña "Os Bolechas pola igualdade" en como obxectivo promocionar a igualdade no ambito educativo e familiar. entra na páxina da xunta e poderás descargar o libro, actividades e a unidade didactica.

LIBRO EN PDF (Preme na imaxe)

LIBRO PDF


CUADERNO DE ACTIVIDADES (Preme na imaxe)




UNIDADE DIDÁCTICA (Preme na imaxe)




venres, 3 de abril de 2020

LEE CON TA-TUM!



A editorial Edelvives pon a nosa disposición "Ta-tum", unha plataforma para o fomento da lectura dos alumnos na que podemos ler libros de forma gratuita ata o mes de xullo. Desta forma, a editorial segue amosándose como un instrumento de apoio ós centros, favorecendo a  continuidade e o interese para a lectura a través desta ferramenta dixital.

Deixamos, a continuación, o enlace e o proceso para o rexistro gratuito.

1º: Entramos na páxina: https://ta-tum.com/#welcome

2º: Clicamos sobre rexistro.











3º: Pinchamos sobre alumno.












4º: Ó clicar,  atoparemos unha páxina de rexistro na que cubrimos os nosos datos, incluimos o seguinte código de acceso: ta-tumAtuLado, aceptamos o aviso legal e a política de privacidade e clicamos sobre crear.













5º: Xa estamos dentro, non precisamos vincularnos a unha clase, só temos que pinchar sobre as 3 barras e despois sobre libros, como se ve a continuación:



































XA PODEMOS ACCEDER A TODO O CATÁLOGO!














COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe