mércores, 29 de novembro de 2023

PLAN DIRECTOR: CHARLA INFORMATIVA SOBRE CIBERACOSO E CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, nos ofertan charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como:
  •  a ciberseguridade, 
  •  o acoso escolar
  •  a violencia sobre a muller
  • as drogas e o alcol
  •  as novas adiccións,
  •  os delitos de odio e discriminación
  • a prevención dos delitos sexuais
Estas charlas  son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Nos contamos coa presencia de dous axentes que informaron nunha charla acompañada de vídeos sobre ciberacoso e a Violencia sobre a muller, para concienciar aos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria e darlle estratexias para traballar coas redes sociais.
 O noso agradecemento aos dous axentes pola súa implicación!!!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario