Na biblioteca do noso centro existe un clube de lectura “Paseniño” no que os nenos están reuníndose un día a semana. O obxectivo principal e o fomento da lectura e a promoción de distintos xéneros literarios co aporte de evidencias dixitáis, creativas e lúdicas propoñendo a lectura individual e lúdica de cómics.
Neste momento estamos a ler o libro "Amanda Black. Una herencia peligrosa" de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Os nenos e nenas poden ampliar os seus coñecementos recorrendo a distintas plataformas para crear produtos individuais: podcast, memes, fotografías e cómic, como o creado polos alumnos en Canva
.
Tal e como destaco na entrevista realizada por Promecom Valdeorras "Non é tan importante que lean, senón que lles guste o que len".
Adxunto enlace o publicado da entrevista:
https://www.facebook.com/100064010231366/posts/836337841843216/?rdid=zmg3XCbTL87Zj397
Como premio pola súa implicación activa no clube de lectura realizaremos un Roteiro poético-literario de Celso Emilio Ferreiro en Celanova (23 de Abril). Os alumnos/as terán que buscar información sobre o autor, a súa obra e o roteiro na páxina da Xunta (QR). Tamén participarán coa lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro que gravaremos en video e despois subiremos ao blogue da biblioteca.
Roteiro Literario Celso Emilio Ferreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario