xoves, 22 de febreiro de 2024

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS de 2ºB AS LENTELLAS BAILARINAS


No noso catálogo poderás acceder a numerosas libros sobre experimentos: Preme aquí

Lentellas bailarinas en gaseosa: experimento de flotabilidade

Os alumnos de 2ºB continuan a facer experimentos científicos moi interesantes.  Nesta ocasión realizaron o experimento das  
 Lentellas bailarinas
Experimento 
O dióxido de carbono disolto nas bebidas carbonatadas é 
capaz de facer bailar lentellas e garavanzos sen necesidade de música. 
Descubre como e experimenta coa densidade e a flotabilidade da forma máis sinxela e divertida. 
Preparando o experimento
 
Materiais:

        - Calquera bebida carbonatada clara, como auga con gas ou refresco.
       -  Un vaso de auga.
       -  Unhas lentellas e garavanzos.
        - Unha botella alta de vidro ou refresco.
Procedimento:

   -  Poñer unhas lentellas e garavanzos en auga. Verás que se afunden ata o fondo e quedan alí.
    - Meter as leguminosas nun vaso alto cheo de refresco ou simplemente bótaas na botella.
    - Observa o que pasa.
-  Formaranse burbullas na superficie das leguminosas e despois duns segundos subirán á superficie do líquido.
-  Unha vez arriba as burbullas estalarán e as leguminosas volverán ao fondo e comezarán de novo. 
- O baile durará uns minutos.
 
Aquí recollemos os videos dos experimentos 
 

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...