luns, 18 de decembro de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA PRIMARIA #biblioteca creativa

 

Neste mes a biblioteca transformouse nun laboratorio onde nenos, profes e familias nos achegamos ao mundo da ciencia.


Cristalización 6ºA primaria



Experimento 6ºB:
 Moedas bailarinas
 e Explosión de cores


EXPERIMENTOS EN CASA DOS ALUMNOS DE 2ºA





#bibliotecacreativa

venres, 1 de decembro de 2023

NOVEMBRO MES DAS CIENCIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Neste mes a comunidade educativa do cole animouse a achegarse o mundo da ciencia, aquí tedes algúns experimentos, actividades e concursos sobre o tema. 

 

O CONTO NAVIDEÑO VIAXEIRO

 Hoxe arrancan para as familias contiños navideños para ler en familia, e para o disfrute dos máis pequenos do cole. Esperamos que vos gusten!!

 


 







 


mércores, 29 de novembro de 2023

PLAN DIRECTOR: CHARLA INFORMATIVA SOBRE CIBERACOSO E CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, nos ofertan charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como:
  •  a ciberseguridade, 
  •  o acoso escolar
  •  a violencia sobre a muller
  • as drogas e o alcol
  •  as novas adiccións,
  •  os delitos de odio e discriminación
  • a prevención dos delitos sexuais
Estas charlas  son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Nos contamos coa presencia de dous axentes que informaron nunha charla acompañada de vídeos sobre ciberacoso e a Violencia sobre a muller, para concienciar aos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria e darlle estratexias para traballar coas redes sociais.
 O noso agradecemento aos dous axentes pola súa implicación!!!





 

luns, 20 de novembro de 2023

25 de novembro: Día contra a Violencia de Xénero

 

Este ano para conmemorar a data do 25N no colexio deseñamos e elaboramos un xardín alegórico cheo de cores e mensaxes que simbolizan os nosos desexos para rexeitar e rematar coa violencia de xénero.

Os nen@s de Ed. Infantil elaboraron unha chea de flores cargadas de mensaxes e desexos positivos.

Os nen@s de Ed. Primaria fixeron uns papaventos de cores variadas para dar esperanza e colorido a este día.

Resultou un xardín ben bonito e simbólico!!

martes, 24 de outubro de 2023

RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA AO NOSO ALGALDE ALFREDO GARCÍA

 ENTREVISTA A ALFREDO GARCÍA, ALCALDE DO BARCO

Para comezar a traballar no programa Radio na biblio hoxe a media mañá, recibimos a visita do Alcalde do Barco, Alfredo García que pasou polo Colexio para ser entrevistado por alumn@s de 6º de Ed. Primaria.

Moitas grazas pola visita!!

Próximamente subiremos vídeo e podcast de dita entrevista.




DÍA DAS BIBLIOTECAS: DECORACIÓN DA BIBLIO

 

Como todos os cursos, alumnos e profes decoramos a nosa biblioteca, e xa que o lema da biblioteca e "Unha biblioteca escolar en viñetas", transormamos aos usuarios da biblio, en personaxes de comic, utilizando distintos programas para caracterizar, dibuxar, colorear...

































DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023: SALÓN DO COMIC

 

 Celebramos o Día das bibliotecas escolares baixo o lema 

"Unha biblioteca escolar en viñetas",

con numerosas actividades que resumimos a continuación.

SALÓN DO COMIC

Aproveitando que neste curso imos a traballar  o mundo do comic, sacamos UNHA REPRESENTACIÓN DOS NOSOS COMICS













































Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...