Hoxe é un día moi especial para todas as mulleres. Neste día lembramos todo o que fixemos as mulleres ao longo da historia.
Hoxe parécenos moi normal que as nenas podamos estudar, dicir o que pensamos, participar en diversas actividades, xogar xuntos ou soñar cando crezamos. Pero non sempre foi así, fai algún tempo as mulleres só podíanse dedicar ás tarefas do fogar.
Moitas non estaban conformes e a pesar das dificultades, escondéndose ou disfrazándose, fixéronse científicas, pintoras, médicas, escritoras, inventoras..
A verdade é que lles debemos moito a estas mulleres porque fixeron posible o que parecía impensable. E xa ninguén pode dicir: "non podes facer iso porque es nena ou porque es neno"
AQUI TEDES UNHA ESCOLMA DE LIBROS SOBRE MULLERES DA NOSA BIBLIOTECA
Ningún comentario:
Publicar un comentario