O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Este día, é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo. Así, levaron a cabo distintas actividades:
OS ALUMNOS DE INFANTIL:
- Cada nen@, decorou o seu boneco e repasou o dereito que lle tocou.Tamén elaboraron unhas bolas cos dereitos dos nenos e nenas. Despois colgámolas nunha árbore, como podedes ver:
Ningún comentario:
Publicar un comentario