luns, 12 de setembro de 2022






Desde a Biblioteca, damos a benvida a toda a comunidade educativa para este curso 2022-23, especialmente aos nosos alumnos e alumnas. 


 Neste novo curso, unha nova etapa nas nosas vidas despois dun período de restricións por COVID, abrimos as nosas portas para que gocedes de innumerables aventuras. 

 A Biblioteca pon á vosa disposición libros de todo tipo de temáticas, xogos, pelis de Dragón Ball, entre outros. 
E dado que seguimos inmersos no programa de "Biblioteca escolar Inclusiva", co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, contamos con diverso material como " Pop It" Tablets, entre outros. 

 Como parte importante da nosa comunidade educativa, as familias podedes facer as vosas suxerencias na seguinte ligazón: 



 Tamén podedes acudir cos vosos fillos á biblioteca do centro en horario de tarde de luns a venres ( 16:00- 18:00) 


 Peroooo Cal é o obxectivo deste ano?: 

 LER... E GOZAR LENDO. 

 Así que “IMOS A BUSCAR A MANEIRA DE QUE LEAS E DE QUE CHE GUSTE LER” 


 Xa sabes, "SE QUERES AVENTURA, LÁNZATE Á LECTURA"






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...