O Nadal chegou e con el unha época na que reina o amor e os bos desexos.
Dende Bibliogurriarán desexámosvos unhas marabillosas e felices festas. Desfrutade do tempo en familia, compartide sorrisos e debuxade esos momentos máxicos nos vosos corazón.
PARA OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ALGÚN MOMENTO DE LECER.
[PREME NA IMAXE]
AÍNDA ASÍ SELECCIONAMOS PARA VÓS ALGÚNS VÍDEOS CON ALGUNHA HISTORIA OU TUTORIAIS PARA FACER ALGUNHA MANUALIDADE. AGARDAMOS QUE A ESCOLLA FOSE ACERTADA.
Como cada ano, o mes de novembro é unha data moi sinalada para Bibliogurrirán ao celebrar o mes das Ciencias en Galego.
A palabra ciencia sempre soa como algo máxico, algo por experimentar, algo por fedellar... É unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.
Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza.
Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Na nosa biblioteca podes gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano.
EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS; 4º Infantil A
EXPERIMENTO: OS XERMES; 4º Infantil A
EXPERIMENTO: LEITE CON CORES! 4º Infantil B
Amosámosche algunhas suxestións sobre ciencia e en galego que podes atopar na nosa biblioteca escolar:
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero. Trátase dunha data institucionalizada por Nacións
Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario escolar, e
que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as
mulleres de todo o mundo.
O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
O Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.
Cando se celebra o Día Universal do Neno?
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
O obxectivo do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Que se celebra?
A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.
Nacións Unidas celebra este Día Internacional do Neno en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.
Para que serve o Día Universal do Neno?
Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.
Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.
Que se pode facer neste día?
O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo.
É un bo día para coñecer as distintas formas de colaborar cos nenos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar e desenvolvemento.