domingo, 12 de novembro de 2017

Novembro,mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares








Construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón antes o desafíos e moito traballo". Peregrina Quintela Estévez.
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redaccióndun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste anon 2017. Paralelamente, edítase un documento coa programación prevista nas bibliotecas públicas dependentes da consellería. En relación coas bibliotecas escolares, este documento recolle as principais liñas de actuación en materia de ciencia impulsadas desde o programa de bibliotecas escolares. 
Son moitas as bibliotecas dos centros educativos que aproveitan este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia, ou para propor actividades de ciencia ao alumnado. Desde aquel LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, de 2013, obsérvase unha maior presenza de actividades de ciencia nas bibliotecas escolares, unha maior integración das ciencias e das humanidades, que é un dos obxectivos principais do programa de bibliotecas escolares. Para apoiar que esas propostas e actividades se realicen en galego, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantense unha páxina en PINTEREST, adicada aos libros informativos de ciencia en galego. Mantense, así mesmo, unha páxina de recursos relacionados coa ciencia en galego. 
Fonte:bibliotecas escolares

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...