O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantenemento de relacións pacíficas.
Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.
O 9 de maio sconverteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moneda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que acercan a Europa aos seus ciudadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario