martes, 14 de mayo de 2013

Hoxe Magín Blanco presentou no cole o seo novo libro-Cd " A nena e o grilo nun barquiño"

O valdeorrés compositor, músico e escritor Magín Blanco, dá nesta segunda entrega de A nena e o grilo un novo paso,ademáis de escribir as letras das cancións,crear os contos que lle dan fío conductor á viaxe das personaxes e ao espectáculo,decide deixar un espazo no libro ás creacións dos nenos e nenas que coas súas achegas farán que o libro sexa único.Na viaxe de a nena e o grilo nun barquiño os acompaña Leandro Lamas como ilustrador do conto.
Os nenos e nenas do cole tamén pintaron as ilustracións do libro:


No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos,disfrutamos e aprendemos as súas cancións,e o seu xeito de mirar o mundo.
A nena e o grilo nun barquiño é a segunda entrega de a nena e o grilo.
Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuaran descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior.
as aventuras inciden na solidaridade,o respecto, a natureza,a identidade,o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea.
en trece capítulos,coas correspondentes cancións,irán vivindo singulares aventuras.
Iste conto soa:a bicos roubados, a Beatles, armonías vogais,retrousos contaxiosos...
Nos conta unha historia dunha viaxe,onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir.
Ademáis é un espectáculo onde se expresa a través das artes:música teatro,narrativa,ilustración,e poesía
O proxecto conformase por un libro cd editado por Fol Música,e un espectáculo músico teatral para amosar toda esa maxia en vivo.Por certo se queredes desfrutar do espectáculo o día 11 actuarán no Barco.




0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.