mércores, 24 de novembro de 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

PROPOSTA  DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR  O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

1.       Para conmemorar este día propoñemos facer un colgante coa figura da FIGA (remedio contra as meigas):

·         Pasamos as plantillas e os nenos poden colorealo.

·         Quedan na sala de profes en papel, queda mellor que coa cartulina

·         Pódese plastificar

·         Poñemos cinta colgante para que os nenos o poidan levar colgado ese día (pedirémola hoxe)

2.       Practicamos a canción das Tanxugueiras “Figa” para que vaian aprendendo a letra. os de Ed. Infantil poden cantar o Ailerelé, e o retrouso: anque digan digan….

3.       As Tanxugueiras nos van a enviar unha mensaxe que poñeremos ao principio do vídeo

4.       Tamén podemos facer debuxos das Tanxugueiras en entremezclamos coas fotos da actividade.

5.       Sacamos fotos dos alumnos realizando a actividade, para facer un video coa canción  das Tanxugueiras (estamos a cantala en música para que aprendan a canción, os de Ed. Infantil poden cantar o Ailerelé, e o retrouso: anque digan digan….

venres, 22 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO 2021


 



Para celebrar o Día das Bibliotecas debuxamos o lema deste ano "A Biblioteca Escolar tén a palabra" en todas as portas das nosas aulas.

Para traballar a palabra e a oralidade os nosos nen@s levaron un libro de préstamo da Biblio para casa, e inventaron contos que relatarán a vindeira semana no noso programa de radio: "De boa mañá! (Especial Samaín)".
Estade atent@s!!!








Este debuxo dos nenos de 4 anos de Infantil foi escollido polo xornal La Región co motivo do día das bibliotecas escolares


































xoves, 13 de maio de 2021

12 de maio, cen anos sen Emilia Pardo Bazán

 O 12 de maio de 1921 falecía en Madrid a escritora galega Emilia Pardo Bazán. No centenario da súa morte, a súa figura destaca como unha das intelectuais máis progresistas da época.

No seguinte vídeo podedes coñecer un pouco máis sobre a escritora:


RECOMENDACIÓNS LECTORAS BIBLIOGURRIARÁN:





E tamén amosamos o marabilloso traballo feito polo alumnado de 6º de primaria:


COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe