xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019


  O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas. Todos os nen@s e profes visitaron a nosa biblioteca. Decoramos a árbore da biblio con nenos e lecturas, pos o lema de Bibliotecas escolares neste curso e  BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA, creado polo ilustrador Óscar Villán. O cartel nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. Situacións que contribúen a crear ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as novas xeracións.

 Cada curso nos trouxo o seu debuxo para a decoración, e visitaron a biblioteca, onde as alumnas de 6º lles contaron contos clásicos e levaron como agasallo un marcapáxinas.


Tamén arrancaron as Mochilas viaxeiras de 6º de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. 



domingo, 9 de xuño de 2019

AS NOSAS LECTURAS DE VERÁN


Aquí tedes unha pequena selección de libros e xogos para  disfrutar no verán. Esperamos que vos gusten moito.



O equipo de biblioteca deséxavos unhas moi boas vacacións e lecturas!!!!




Hecho con Padlet

BITÁCORA DE VIAXES: MADRID


Os alumnos de 6º de Primaria, foron de excursión para celebrar o fin de curso, e prepararase para a súa graduación. Aproveitaron para ver o a zona monumental de Madri, o Musical de Billie Elliot e a Warner


venres, 7 de xuño de 2019

FESTA HOLI


Os alumnos de 6º de infantil para reamatar o Proxecto da India,  celebraron a Festa Holi, xogando cos polvos de cores, e divertíndose un montón!!!!






xoves, 6 de xuño de 2019

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN EN PADLET: A ZANFOÑA

Os alumnos de 5º cursO realizaron un traballo de investigación,buscando a información, seleccionando e organizando a documentación en Padlet

PRESENTACIÓN DE SARA ARIAS 5ºB

Hecho con Padlet

PRESENTACIÓN MARIO ANDRÉS 5ºB

Hecho con Padlet

IRMA CACCETA 5ºB

Hecho con Padlet

LEO SANTÍN 5ºB

Made with Padlet


MARTINA CID 5ºB

Made with Padlet

martes, 4 de xuño de 2019

MARÍA DO CEO NO TEATRO BERGIDUM



Os alumnos de 3º e 4º de primaria foron a presentación do novo proxecto  de María do Ceo, no Teatro Bergidum, nunha divertida presentación, onde os nenos cantaron animadamente con María


TEATRO INFANTIL: TANO Y LA MEMORIA DE SU HERMANO ÁRBOL


Os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron ao Teatro Bergidum en Ponferrada para ver a obra de teatro "Tano y la memoria de su hermano árbol"




venres, 31 de maio de 2019

mércores, 29 de maio de 2019

BITÁCORA DE VIAXES: COTOS DE LEÓN

Os alumnos de 3º e 4º foron de excursión ao Coto de León, realizando numerosas actividades moi divertidas.



CONVIVENCIA CHOLO E NELA 2019


Os nosos alumnos de Ed. Infantil viaxaron a Trives xunto con nais, pais e profes, convivindo nunha experiencia chea de obradoiros, xogos, e cancións, xunto con outros nenos , familias e profes doutros centros.





CHOLO E NELA NA VOZ DE GALICIA.Preme aquí

CHOLO E NELA EN O SIL. Preme aquí

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe