luns, 30 de novembro de 2015

NOVEMBRO,MES DOS CONTOS

Novembro foi no cole o mes dos contos.Traballamos contos clásicos, do mundo, de medo, de animais....

Os nenos de 4 anos están a traballar contos do mundo.Neste primeiro trimestre viaxaron a Nova Celandia
e contamos o conto
O agasallo do Kiwi
Tamén lembramos os contos que xa coñecemos coas tres mellizas




venres, 20 de novembro de 2015

Proxecto o universo


Exposición  de 6º de Educación Infantil  sobre o Universo





Libros da nosa biblioteca sobre o tema
Universo
Espacio
Luna

Recursos da rede

Ordenando planetas
Explora el Universo
You tube
Canción de los planetas




xoves, 19 de novembro de 2015

Mochilas Viaxeiras




Un ano máis iniciamos a activide das Mochilas Viaxeiras cos alumnos de 1º e 2º de Primaria.Esta é a lista dos libros que van dentro das mochilas.

TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA 1º
·       O CASAMENTO DA PULGA  E O PIOLLO.Mª Carmén Aguin.A Nosa Terra
·       EL PAÍS DE LOS NÚMEROS.Ágata Echevarría.SM
·       LAZY JACK.Tony Ross.Anaya English
·       RABIETAS,PATALETAS Y MALOS MODALES. Jesús Jarque García.Gesfomedia

·       DVD OS SETE CABRITIÑOS
TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA 2ºA
·       OS BOLECHAS VAN DE VIAXE A SEMANA
DA NATUREZA DO BARCO DE VALDEORRAS. Pepe Carreiro.A Nosa Terra
·       LA GIRAFA TIMOTEA.Begoña Ibarrola.SM
·       TWO CAN TOUCAN.David Mckee.Anaya English
·       CÓMO FOMENTAR LA RESPONSABILIDAD. Jesús Jarque García.Gesfomedia
·       DVD JUAN SIN MIEDO Y EL REY RANA
TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA 2º B
·       OS BOLECHAS VAN DE VIAXE A SEMANA
DA NATUREZA DO BARCO DE VALDEORRAS, Pepe Carreiro.A Nosa Terra
·       CRISOL Y SU ESTRELLA,  Begoña Ibarrola.SM
·       TWO MONSTERS, David Mckee.Anaya English
·       RABIETAS Y PATALETAS Y MALOS MODALES,
Jesús Jarque García.Gesfomedia
·       DVD JUAN SIN MIEDO Y EL REY RANA




xoves, 5 de novembro de 2015

Novembro,Mes das ciencias en Galego nas Bibliotecas


Por segundo ano consecutivo,desde a Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria promóvese  a celebración en novembro do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Suándose a celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
Desde a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das bibliotecas públicas nodais (dependentes da administración autonómica), así como otras informacións de Bibliotecas Escolares de Galicia, en relación con esta temática. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares ofrécese a páxina de Recursos para a Ciencia en Galego como unha contribución ao traballo nos centros. 
Fonte: bibliotecas escolares

luns, 26 de outubro de 2015

Recursos para traballar o Samaín



Recursos para traballar o Samaín - Halloween recopilados polo equipo da biblioteca  na rede:

Cortos de Disney                      

O baile dos esqueletos

A casa encantada de Mickey
Trick or Treat
   POCOYO HALLOWEEN Cancións:                                    
Corre,corre cabaciña

Os esqueletos
  TRILLER DE MICHAEL  JACKSON   Contos:
A bruxa regañadentes OQO Editorial

O SAMAÍN


O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

venres, 23 de outubro de 2015

Actividades do día das Bibliotecas escolares








 
Para celebrar o Día das Bibliotecas escolares fixemos distintas actividades:
  • marcapáxinas 
  • lectura do conto do Moucho sabio
  • e entre todos os nen@s do cole decoraron a árbore da biblioteca  con castañas e cabazas nas que escribiron  e mesmo debuxaron un lugar o que lles gustaría viaxar ou o medio de transporte que usarían. ¡Mirade que xeitosa nos quedou!.





martes, 20 de outubro de 2015

Día das bibliotecas escolares


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas escolares.Este ano o lema"Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.

Fonte:bibliotecas escolares de Galicia.

domingo, 11 de outubro de 2015

Actividades Día Internacional sobre a Violencia de Xénero

Os nenos e nenas do cole acudiron o Concello a escoitar diversos manifestos lidos polos compañeiros dos institutos do Concello.








xoves, 8 de outubro de 2015

Contrato axudantes de biblioteca

Esta semana firmaron o contrato os axudantes de biblioteca deste curso.
Estes son os seus compromisos e funcións
Que terei que facer como axudante?

  • Comprometerme con responsabilidade durante todo o curso.
  • Se algún día non podo ir,buscarei a outro compañeiro ou compañeira e trocareille o día de garda,avisando tamén a un mestre do Equipo de Biblioteca.
  • Nada máis entrar na biblioteca poñerei o distintivo de axudante.
  • Farei o meu traballo con atención,seguindo as instruccións do mestre de biblioteca.
  • Sempre usarei as boas maneiras:non me enfadarei nin rifarei cos demais.
Nas miñas gardas de biblioteca axudarei a...
  • Facer cumplir as normas.
  • Colocar correctamente no seu andel os libros seguindo a CDU.
  • facer préstamos se é preciso.
  • Gardar os libros estragados na caixa do "Hospital para libros".
  • Comprobar que os xogos quedan recollidos e os ordenadores e luces apagadas.
  • Facer as actividades que me piden os mestres do Equipo de biblioteca ( decoración ,plantillas,etiquetas...)
Se teño algunha dúbida preguntarei os mestres de biblioteca:
  • Mª Luz (música)
  • Mª José ( infanil )
  • María (1º EP)
  • Mónica (2ºEP)
  • Inma (3º EP)
  • Mª Angeles ( 4º EP )
  • Raquel ( 6º EP )
  • Sonia ( Relixión )
  • Nacho ( Coordinador do Proxecto Edixgal )



COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe