domingo, 25 de novembro de 2012

Aula do medo


Aquí vos deixamos os videos correspondentes a actividade da aula do medo que levamos a cabo  co gallo do Samaín na biblioteca do cole.Esperamos que vos gusten.


venres, 2 de novembro de 2012

Laura Gallego, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil


Laura Gallego (Valencia, 1977) obtivo este martes o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2012 pola súa  obra 'Donde los árboles cantan'. O galardón, dotado con 20.000 euros,  foille concedido  polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquer das linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2011

Vida e obras de Laura


Web de Laura Gallego

xoves, 11 de outubro de 2012

Día das Internacional das Bibliotecas Escolares




O día 24 de outubro commemoramos o día internacional das bibliotecas escolares.Celebramos este día baixo o lema Biblioteca escolar, acelerador de innovación.Este ano o cartel corre a cargo do ilustrador Andrés Meixide

mércores, 27 de xuño de 2012

venres, 18 de maio de 2012

O CRISTAL MÁXICO



Para celebrar o Día das Letras Galegas, os alumnos de 6ºB de primaria inventaron unha obriña de teatro para representarlla aos seus compañeiros de infantil. Como tivo tanto éxito, representárona tamén para os compañeiros de primaria. De seguro que vos vai gustar.


mércores, 2 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade



Valentín Paz-Andrade, nado en Pontevedra o 23 de abril de 1848 e falecido en Vigo o 9 de Maio de 1987.
Foi político, xurista, escritor, xornalista e este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.

A nosa homenaxe recollida en murais por todo o colexio

 Ver vídeo

Para traballar Lim e actividades por ciclos
Seminario Galán

Actividades Letras Galegas :Valentín Paz Andrade

Actividades do CEIP Frian Teis

Infantil e Primeiro Ciclo
2º e 3º Ciclo

martes, 1 de maio de 2012

domingo, 29 de abril de 2012

Abril: mes do libro

Ao longo do mes de abril, realizamos diversas actividades para celebrar o "Día do Libro":


- A principio de mes visitounos Abraham Carreiro, coautor e ilustrador da obra lida polos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria, "Xoeliki, aventuras dun ciberpirata", un neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Abraham explicounos como creou as personaxes.













- Marcapáxinas: "Trátame ben". Traballamos a importancia de tratar ben ós libros





- Decoración da árbore que "plantamos" diante da porta da biblioteca con mazás, onde recollimos os contos e libros preferidos dos nosos nenos.


















- Presentación oral dos contos que máis nos gustaron diante dos compañeiros


- Lecturas dos contos de Andersen en soporte escrito, electrónico, internet........




 Lim sobre os contos


Contos electrónicos


-  Ademais das actividades comúns, tamén queremos destacar as actividades de aula realizadas polos nosos nenos:


3 anos
5 anos

 Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.   

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe