mércores, 27 de xuño de 2012
domingo, 10 de xuño de 2012
No verán, ler e xogar
Aquí tendes o Mural dixital presentado pola Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén, de xogos e lecturas para o verán.
Pasade o rato por riba e elixide o que queirades.
Espero que o disfrutedes
NO VERÁN, LER E XOGAR
Pasade o rato por riba e elixide o que queirades.
Espero que o disfrutedes
NO VERÁN, LER E XOGAR
"Aprender xogando" 2º e 3º ciclo de Primaria
Neste blogue aparecen recollidos toda unha serie de enlaces a actividades
educativas dirixidas ao alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria. Moi interesante
"Aprender xogando" 2º e 3º ciclo de Primaria
"Aprender xogando" 2º e 3º ciclo de Primaria
venres, 18 de maio de 2012
O CRISTAL MÁXICO
Para celebrar o Día das Letras Galegas, os alumnos de 6ºB de primaria inventaron unha obriña de teatro para representarlla aos seus compañeiros de infantil. Como tivo tanto éxito, representárona tamén para os compañeiros de primaria. De seguro que vos vai gustar.
mércores, 2 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz-Andrade, nado en Pontevedra o 23 de abril de 1848 e falecido en Vigo o 9 de Maio de 1987.
Foi político, xurista, escritor, xornalista e este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.
A nosa homenaxe recollida en murais por todo o colexio
Ver vídeo
Para traballar Lim e actividades por ciclos
Seminario Galán
Actividades Letras Galegas :Valentín Paz Andrade
Actividades do CEIP Frian Teis
Infantil e Primeiro Ciclo
2º e 3º Ciclo
martes, 1 de maio de 2012
Recursos Departamento de Orientación para pais/nais
No seguinte enlace atoparedes material educativo para pais/nais recopilado dende Orientación que será do voso interese.
Departamento de Orientación CEIP Julio Gurriarán
Departamento de Orientación CEIP Julio Gurriarán
domingo, 29 de abril de 2012
Abril: mes do libro
Ao longo do mes de abril, realizamos diversas actividades para celebrar o "Día do Libro":
- A principio de mes visitounos Abraham Carreiro, coautor e ilustrador da obra lida polos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria, "Xoeliki, aventuras dun ciberpirata", un neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Abraham explicounos como creou as personaxes.
- Marcapáxinas: "Trátame ben". Traballamos a importancia de tratar ben ós libros
- Decoración da árbore que "plantamos" diante da porta da biblioteca con mazás, onde recollimos os contos e libros preferidos dos nosos nenos.
- Presentación oral dos contos que máis nos gustaron diante dos compañeiros
- Lecturas dos contos de Andersen en soporte escrito, electrónico, internet........
Lim sobre os contos
Contos electrónicos
- Ademais das actividades comúns, tamén queremos destacar as actividades de aula realizadas polos nosos nenos:
3 anos
5 anos
Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.

xoves, 19 de abril de 2012
Cincenta
Como xa sabedes para celebrar o día da muller traballadora desde as aulas de música traballamos cancións incluídas dentro do disco Año Pitaño.Aquí tedes o resultado do traballo dos nenos e nenas de terceiro de primaria.
Concerto Didáctico
O pasado 5 de marzo tivemos no cole un Concerto Didáctico a cargo do profe Javier e a súa banda Serotonina.Pasámolo moi ben. Todas as cancións( O polo Pepe,Loboferoz e Cocorico) tiñan asociado un conto que traballamos previamente nas aulas de infantil.
Día do libro
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Outra actividade foi a elaboración dun marcapáxinas cunha serie de recomendacións sobre como tratar os libros.
Estes marcapáxinas son usados na Biblioteca cando facemos os préstamos de libros, para que cada alumno saiba cando devolva o seu libro, onde estaba cando o levou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)