venres, 26 de abril de 2024

BITÁCORA DE VIAXES: CELANOVA: CONCERTO DIDÁCTICO NO MOSTEIRO

 

Ao mediodía visitamos o Mosteiro de San Salvador. Primeiro visitamos a Igrexa de San Miguel que se atopa dentro do mosteiro e despois asistimos a un concerto didáctico a cargo de Marisol a música encargada do órgano do mosteiro  , no que participamos activamente interpretando "Herba de namorar"











































xoves, 25 de abril de 2024

BITÁCORA DE VIAXES: CELANOVA: VISITA A CASA DE CURROS ENRÍQUEZ

 Para celebrar o dia do Libro, os alumnos do club de Lectura de 5º e o Equipo de Biblioteca dos alumnos de 6º de primaria, visitaron Celanova. O programa das visitas foi variado e moi entretido:

A primeira hora visitamos a Casa de Curros Enríquez, onde fixemos un Xogo de pistas baseado na súa biografía. foi moi divertido



























Tamén aproveitamos para facer unha lectura sobre a súa biografía na sua casa


luns, 22 de abril de 2024

TOP 10: COLECCIÓN MÁIS LIDA NA BIBLIO

 Preme na imaxe para votar as coleccións que máis 

che gustaron da biblio




DÍA DA TERRA: 22 DE ABRIL




Hoxe 22 de abril festexamos "O día da Terra".
Por que o festexamos? Que accións dañan a terra? Que podemos facer para axudala? Como podemos ter un mellor planeta Terra? Esta infografía ofrécenos unha información moi precisa.

Aquí tedes a entrada ao catálogo do cole onde están recollidas os fondos relacionados cao Terra.







A continuación amosámosvos un vídeo moi curtiño sobre como xerminar unha legume para os que se animen a facer esta opción:


Deixámosvos o conto "LA TIERRA ESTÁ EMBRUJADA" no que podedes descubrir un maléfico plan:

https://es.slideshare.net/JuanKorkuerika/cuento-la-tierra-est-embrujada

Tamén podes desfrutar desta fermosa canción de Cholo e Nela. Ei Ti! Que andas polo medio...




Ademais vos deixamos por aquí o audioconto "QUE LE PASA AL PLANETA" no que podedes ver a dor que sofre o noso planeta.



Se vos apetece cantar, aquí tedes unha canción de CantaJuego chamada: "PEQUEÑO PLANETA"



E para cantar e bailar amosámosvos unha gran opción:












xoves, 18 de abril de 2024

OBRADOIRO DE TATOO DE HENA

 

OBRADORIO TATOO DE HENNA 2ºB PRIMARIA
Onte os nenos e nenas de 2ºB recibiron a visita da familia do alumno Abdel EtTaouil para facer con eles un Obradoiro de tatuaxes de Henna.
 

Déjame en paz: Libro sobre acoso escolar


A través do libro “Déjame en Paz” e un vídeo sobre o acoso escolar, lido e visionado nunha sesión do clube de lectura, como base para tratar o acoso, o tema dos trolls na rede (usuario que publica mensaxes provocativas e ofensivas nas redes) e o flaming (atacar a uha persoa verbalmente en liña) nas redes sociais, establecemos entre todos, o alumnado e os mestres, cal debería ser a resposta óptima nestes casos, analizando os tipo de caso máis habituais. Algunhas estratexias para un uso responsable das redes sociais, sería establecer límites de tempo, practicar a privacidade e nunca compartir información e datos persoais.


Cuento "Déjame en paz" de Carmen Gil
Save the Children, 2017


 Ciberbullying - ¿Cómo evitar el ciberacoso?

   


venres, 12 de abril de 2024

martes, 9 de abril de 2024

RECURSOS PARA TRABALLAR SOBRE LUISA VILLALTA


Se pinchas na foto poderás acceder a varios recursos para traballar sobre Luisa Villalta: Biografía, xogos interactivos, vídeos, a película "A orixe da nosa língua guapa"





 

Para conmemorar o Día das Letras Galegas empregaremos códigos QR para poder acceder a información da biblioteca, xa que é unha maneira doada de facilitar o acceso do alumnado á información e aos documentos e aplicacións on line desde a documentación referentes ás Letras Galegas de 2024.Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.


Os alumnos/as pode interactuar coa información e os códigos QR xerados por eles de forma autónoma e así poden consultar a información en calquera momento que o precisen e utilizala para realizar distintas actividades relacionadas co día das Letras Galegas (scape room). Para poder visualizar os QR o alumnado terá descargado un lector gratuito nas tabletas do cole.

Códigos QR

Luisa Villalta. Poesia galega

Luisa Villalta. Muller de música e poesia.

Luisa Villalta. Portal de Cultura Galega

A continuación engadimos un caderno  sobre a vida de Luisa Villalta. Preme a imaxe.





VIDEO EN CROMA: A XENTE DO GURRIARÁN

Vídeo en soporte Croma creado polas profes Bea, Miriam e Aurora

Participa a Comunidade educativa do noso centro

Música e letra: o profe Nacho

COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe