Os alumnos de 5º e 6º de Primaria que voluntariamente firmaron o contrato coas normas de uso da nosa bilioteca. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Os alumnos de 2º de Primaría están a traballar coa profe Maite en Ciencias Naturais, o mundo das máquinas e os ordenadores. Queda recollido neste libros as súas características
Os alumnos de 6º de Primaria realizaron unha viaxe de Fin de Primaria a Cantabria, onde se aloxaron no camping de Oyambre, visitaron Santillana del Mar, a Cova de Altamira, o Planetario, museo marítimo de Santander, Cabárceno, a cova del Soplao e Aguilar de Campó. Recolleron neste libro as súas experiencias.
Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1975. Este día foi establecido pola Asamblea Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das nacións Unidas para o Medio Ambiente
Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.