martes, 2 de abril de 2013

2 DE ABRIL:DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Este ano,o IBBY escolle as outras culturas dentro de Estados Unidos para elaborar o seu cartel e mensaxe.
A ilustración corre a cargo de Ashley Bryan e o texto de Pat Mora.




martes, 5 de marzo de 2013

Proxecto animais

Os nen@s de 3 anos realizaron durante o 2º trimestre o proxecto dos animais:

Libros da biblioteca  do centro sobre animais:
Animales
Animais (galego)

Contos de animais traballados:
Loboferoz
Tamén traballaron a canción.



E o conto A galiña Marcelina.





Recursos da rede:


CONTOS

LA GALLINA SABIA
LOS SIETE CABRITILLOS Y EL LOBO
OS TRES PORQUIÑOS
CHIVOS CHIVONES
Mais recursos no blog de aula
                                                         

martes, 19 de febreiro de 2013

ACTIVIDADES ENTROIDO





Como o tema do Entroido  este ano foi Asia os nenos de infantil traballaron a lenda dos animais do zoodiaco
chino.
Lenda dos animais do zoodiaco
Lemos os contos das mil e unha noites,
Elaboramos carteis de Entroido e para a degustación de doces típicos destas datas



.

Organización da biblioteca curso 2012-2013

Organización da biblioteca neste curso académico

xoves, 7 de febreiro de 2013

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Para celebrar este día primeiro decoramos o cole con cenefas de amigos de cores:



Elaboramos murais;




Fixemos marcapáxinas:




Xogamos a ser poetas:




Videos Día da Paz

Poema Infantil e 1º ciclo


Rumba das apertas

mércores, 6 de febreiro de 2013

EFEMÉRIDES NA LITERATURA 2013




CELEBRAMOS:

  • 100 anos da publicacións de O gran Meaulnes de Alain Fournier (traducido ao galego por Camino Noia e publicado en Galaxia).





  • 25 da publicación de Matilda, unha das novelas máis lidas de Roald Dahl.


  • 50 anos da morte de C.S. Lewis, autor de As crónicas de Narnia e personaxe protagonista da película Tierras de penumbra. 75 anos do nacemento de Tony Ross, ilustrador e autor de obras tan coñecidas La pequeña princesa. 


  • 50 anos da publicación de Onde viven os monstruos do premio Ándersen, Maurice Sendak. Esta obra está traducida ao galego por Xosé Manuel González Barreiro e publicada por Kalandraka.

xoves, 31 de xaneiro de 2013

ASIA



Este ano o tema do Entroido é Asia.Así que nesta entrada recopilaremos os recursos que atopemos.
Para empezar un pouco de información sobre o continente:
Asia ( wikipedia)
Bandeiras de Asia
Bandeiras de Asia para colorear
Crebacabezas interactivo Asia
Lugares destacados Asia

Contos
As Mil e unha Noites
Aladino 




Simbad




Alí Baba e os corenta ladróns


luns, 28 de xaneiro de 2013

LIBROS RECOMENDADOS DÍA DA PAZ


O Equipo de Biblioteca seleccionou unha serie de libros para  traballar durante esta semana co gallo do Día da Paz.Esperamos que vos gusten!


xoves, 24 de xaneiro de 2013







RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

A poesía de Gloria Fuertes “So tres letras” vai de camiño polas aulas do noso cole, para que cada clase engada a súa propia estrofiña.

SÓ TRES LETRAS
SÓLO TRES LETRAS,
PARA fACER A PAZ.
SÓ TRES LETRAS,
QUE PARA SEMPRE APRENDERÁS.
SÓLO TRES LETRAS,
PARA ESCRIBIR PAZ,
PARA CANTAR PAZ,
PARA FACER LA PAZ.
SE TÚ A APRENDES BEN,
SÓ ESTAS TRES LETRAS,
ÚSAAS SEMPRE
E HABERÁ PAZ NA TIERRA.
(GLORIA FUERTES)

martes, 8 de xaneiro de 2013

ACTIVIDADES NADAL

Cantigas de berce



Cantigas de nadal



Videos actuación Nadal

Ea nana ea (3 anos )





Un Nadal de conto (5 anos)




COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe