mércores, 2 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade



Valentín Paz-Andrade, nado en Pontevedra o 23 de abril de 1848 e falecido en Vigo o 9 de Maio de 1987.
Foi político, xurista, escritor, xornalista e este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.

A nosa homenaxe recollida en murais por todo o colexio

 Ver vídeo

Para traballar Lim e actividades por ciclos
Seminario Galán

Actividades Letras Galegas :Valentín Paz Andrade

Actividades do CEIP Frian Teis

Infantil e Primeiro Ciclo
2º e 3º Ciclo

martes, 1 de maio de 2012

domingo, 29 de abril de 2012

Abril: mes do libro

Ao longo do mes de abril, realizamos diversas actividades para celebrar o "Día do Libro":


- A principio de mes visitounos Abraham Carreiro, coautor e ilustrador da obra lida polos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria, "Xoeliki, aventuras dun ciberpirata", un neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Abraham explicounos como creou as personaxes.













- Marcapáxinas: "Trátame ben". Traballamos a importancia de tratar ben ós libros





- Decoración da árbore que "plantamos" diante da porta da biblioteca con mazás, onde recollimos os contos e libros preferidos dos nosos nenos.


















- Presentación oral dos contos que máis nos gustaron diante dos compañeiros


- Lecturas dos contos de Andersen en soporte escrito, electrónico, internet........




 Lim sobre os contos


Contos electrónicos


-  Ademais das actividades comúns, tamén queremos destacar as actividades de aula realizadas polos nosos nenos:


3 anos
5 anos

 Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.   

xoves, 19 de abril de 2012

Cincenta

Como xa sabedes para celebrar o día da muller traballadora desde as aulas de música  traballamos cancións  incluídas dentro do disco Año Pitaño.Aquí tedes o resultado do traballo dos nenos e nenas de terceiro de primaria.

Concerto Didáctico






O pasado 5 de marzo tivemos no cole un Concerto Didáctico a cargo do profe Javier e a súa banda Serotonina.Pasámolo moi ben. Todas as cancións( O polo Pepe,Loboferoz e Cocorico) tiñan asociado un conto que traballamos previamente nas aulas de infantil.

Día do libro

 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Realizamos distintas tarefas, unha delas foi escribir sobre o noso Libro Favorito. Deseñamos dúas mazás, unha delas para E. Infantil e outra para E.Primaria. Con elas decoramos as ramas da árbore que decora a entrada da nosa Biblioteca.




Outra actividade foi a elaboración dun marcapáxinas cunha serie de recomendacións sobre como tratar os libros.


Estes marcapáxinas son usados na Biblioteca cando facemos os préstamos de libros, para que cada alumno saiba cando devolva o seu libro, onde estaba cando o levou.

xoves, 29 de marzo de 2012

Mariluz Avestruz


Mariluz Avestruz
Rachel Chaundler &Bernardo Carvalho
 OQO


Os nenos e nenas de Educación Infantil están traballando o conto de Mariluz Avestruz e a verdade e que nos está a gustar moito e estamos aprendendo moitas cousas dos animais da sabana.Se queredes saber de que vai o conto e o que máis nos gustou podedes ver o seguinte video.





venres, 16 de marzo de 2012

Mochila Viaxeira - 1º Ciclo EP

Cando abrimos un libro, abrimos  unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro, temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de imaxinar, de vivir outras vidas, de comprender, ...
Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.
Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Os materiais incluídos (Dvd de Contos Clásicos e Libros variados) están pensados para que sexan do agrado de todos vós. Entre os diversos libros, inclúese un libro en inglés porque, aínda que é dun nivel avanzado, preténdese que os/as nenos/as se familiaricen con determinados vocábulos dá lingua inglesa.
Con estes materiais pretendemos acadar os obxectivos para os que foi deseñada esta actividade:

  • Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.
  • Coñecer e valorar a importancia da adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa colaboración co contorno local.
  • Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.
  •  Axudar coa lectura na tarefa de educar aos nosos/vosos fillos/as.

Como novidade deste curso, “O Meu Libro Viaxeiro”, quere convidarvos a escribir refráns, adiviñas, contos, receitas de cociña, sobre festas tradicionais, traballos típicos (vendima, recollida de oliva, matanza, ....) propios da zona na que vivides ou da zona da que procededes, relacionados coas estacións do ano.

Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                                             Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º A


  • ¨ La Granja. (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tente e maila tormenta.(Edelvives).
  • ¨ Tuppi en la bañera. (Edebé).
  • ¨ Mi cumpleaños. (Parramón)
  • ¨ El Cole. Mcmillan. Gordon Reece.
  • ¨ Rabietas, pataletas y malos modales. Jesús Jarque. La escuela de padres
  • ¨ DVD. “ El Patito Feo, Pulagarcita y la Sirenita”.

TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º B


  • ¨ Las 4 estaciones (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tente e mailo seu amigo (Edelvives)
  • ¨ Tuppi y el muñeco de nieve.
  • ¨ Mi perro Kim. (Parramón).
  • ¨ El zoo. Gordon Reece. Mcmillan
  • ¨ Celos y Rivalidad entre hermanos. Jesús Jarque
  • ¨ DVD. “Cenicienta y las dos princesas”

TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2º A

  •  Chuzos de punta. (OQO Editora).
  •  ¿Un perro, Bruno? (Edelvives).
  • Leo era un león. (Ir Indo)
  • Los 5 sentidos. (Colección Mini Larousse).
  • En Londres. Gordon Reece. Mcmillan.
  • Cómo ayudar a los hijos en los estudios. Jesús Jarque
  • DVD “Los siete cabritillos y el sastrecillo valiente”
 


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2º B


  • ¨ Un segredo do bosque. (OQO Editora).
  • ¨ El hada Lolita y el oso gruñón. (Pearson)
  • ¨ El cuerpo humano. (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tenéis que hacer las paces. (Edebé)
  • ¨ De compras. Mcmillan. Gordon Reece.
  • ¨ Cómo fomentar la responsabilidad. Jesús Jarque.
  • ¨ DVD. “Juan sin miedo y el rey Rana”



    martes, 13 de marzo de 2012

    Recursos para traballar día do consumidor

    Recursos para traballar día do consumidor:

    Educación Infantil e Primeiro Ciclo de  Primaria:
     Segundo e Terceiro ciclo de Primaria

    xoves, 8 de marzo de 2012

    Cancións Día da Muller Traballadora

    Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora.Non hai celebración sen música así que vos recomendamos unha serie de cancións para conmemorar este día recollidas no Libro-Cd de Anxo Rei O año Pitaño.
    No cole imos traballar con  Cincenta  e Durme neniña .
    Se queredes máis información sobre estas e outras cancións contidas no libro premede no seguinte enlace
    O año Pitaño

    Lecturas Recomendadas Día Da Muller Traballadora

                      
                        Lecturas recomendadas para "O Día Internacional da Muller "







    COMIC DE LEO

      Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe