luns, 9 de xuño de 2025

xoves, 29 de maio de 2025

CLUB DE LECTURA PASENIÑO 2024-25: DESPEDIDA

 Para finalizar as actividades do club,  nenos e nenas do club de lectura PASENIÑO realizaron unha actividade de teatro lido para os nenos do primero ciclo: Noé e Gato fan teatro . Resultou ser Unha experiencia divertida e enriquecedora  para tod@s. 









Finalizamos as actividades do Club coe entrega dun peequeno agasallo de mans da coordinadora 
do Club Ana Mª González Rey.







CHARLAS 2024-25

 Charla sobre Igualdade promovido polo Plan Director: Os alumnos de 4º e 6º de primaria tiveron unha charla sobre Igualdade. O noso agradecemento a Vanesa e María, as relatoras da Guardia Civil que presentaron o tema de forma didáctica e reflexiva.


CHARLA VAGALUME 6º PRIMARIA - IÑAKI ZUBIZARRETA
Esta mañá os nososo alumn@s de 6º de Primaria acudiron á Casa da Cultura para recibir unha interesante charla sobre Acoso escolar.
Dita charla foi impartida por Iñaki Zubizarreta, que será tamén o invitado de esta tarde na Conferencia dos Encontros Familia-Escola.




CHARLA 1º AUXILIOS PARA 3º DE PRIMARIA

Os alumnos de 3º de Primaria participaron na actividade proposta polos Servizo Galego da saúde "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS",´unha actividade lúdica formativa sobre 1º auxilios.


INTERCAMBIO EIXO ATLANTICO

 



IV INTERCAMBIOS ESCOLARES EIXO ATLÁNTICO - AGRUPAMENTO SANTA Mª da Feira - CEIP P. JULIO GURRIARÁN.


Celebrouse un Acto institucional no Salón de Actos coas intervencións da Directora do Colexio Mariluz Moldes e a Concelleira de Cultura do Concello do Barco Margarida Pizcueta. Visionáronse vídeos sobre Valdeorras e os nosos nen@s presentaron a canción "Xente do Gurriarán".
De seguido pasaron a degustar unha pequena merenda de benvida e aproveitaron para xogar no Patio do Colexio a diversos xogos deportivos.
As actividades destes Intercambios continúan durante todo o día de hoxe e rematarán mañá Xoves coa visita á Canteira "Tres Cuñados" e a recepción oficial no Concello por parte do Alcalde do Barco Alfredo García.


BITÁCORA DE VIAXES

    

COVA DE VALPORQUERO: 

2º ciclo de primaria

Os alumnos de 3º e 4º de primaria visitaron a Cova de Valporquero en Vegacervera-León






















1º CICLO DE PRIMARIA DISFRUTARON NA GRANXA ESCOLA EN HOSPITAL DE ÓRBIGO






VISITA CENTRO DE SAÚDE - ALUMN@S DE 3 ANOS ED. INFANTIL
Na mañá de onte os nosos alumn@s de 3 Anos achegáronse ao Centro de Saúde de O Barco para visitar as súas instalacións.
Pasaron por as consultas de Rehabilitación, Pediatría e Hixienista dental.
Foi toda unha experiencia! Pasárono xenial e portáronse como uns maiores atendendo e participando en todas as actividades!


CONTACONTOS 2024-25

 


CONTACONTOS EN INGLÉS - ED. INFANTIL

Onte os nosos alumn@s de Ed. Infantil recibiron a visita de Lucía (Intensive Kids) que veu ao Colexio para facer unha actividade de contacontos en inglés.
Resultou unha actividade do mais divertida, educativa e interesante.
Moitas grazas Lucía pola túa visita!!...








CONTACONTOS SABELA GAGO 1º CICLO DE PRIMARIA


xoves, 15 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025:


Os alumnos do cole elaboraron un mural para o Día das Letras galegas con debuxos e imaxes, en homenaxe as Cantareiras e pandereteiras.








 Co gallo das letras galegas os nenos e nenas do Primeiro 

ciclo,  fixeron un obradoiro de pandeiretas,  para cantar 

posteriormente O Pasodoble Laxoso e homenaxear así 

as nosas Cantareiras!!





As cantareiras do cole pasaron polas clases cantando e bailando para os seus compañeiros.

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN: HISTORIA DE REPRODUCTORES MUSICAIS 5º PRIMARIA

 TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN: HISTORIA DE 

REPRODUCTORES MUSICAIS-5º PRIMARIA 


JULIA MUMARY 5ºA



HUGO FERRER 5ºA



MARIANA DA SILVA



DANIEL ÁLVAREZ



AINHOA DOMÍNGUEZ









luns, 5 de maio de 2025

INTERNET SEGURO



 Aquí tedes  unha breve descripción dos pasos a seguir á hora de navegar por internet de maneira segura,  elaboradas pola profesora de inglés, Maite.



venres, 25 de abril de 2025

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 2025- CLUB DE LECTURA

 No segundo trimestre os nenos/as de club de lectura PASENIÑO fixeron un marcapaxinas demostrando a sua competencia digital facendo memes que enlazaron coa lectura de La canción los Sin Nombre de Nando López. Elixiron cinco e imprimironse  e plastificaronse facendo entrega a Semana do Día do Libro.



xoves, 24 de abril de 2025

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 2025 APADRIÑAMENTO LECTOR- 1º CICLO PRIMARIA

 APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos de 2º de primaria convertíronse en madriñas e padriños lectores léndolle un conto aos seu compañeiros de 1º de primaria, pasando unha mañá estupenda coas lecturas ao aire libre.




día do libro de ceip.gurriaran




MARCAPÁXINAS COS SEUS MEMES






XORNAL PASENIÑO 2025