No segundo trimestre os nenos/as de club de lectura PASENIÑO fixeron un marcapaxinas demostrando a sua competencia digital facendo memes que enlazaron coa lectura de La canción los Sin Nombre de Nando López. Elixiron cinco e imprimironse e plastificaronse facendo entrega a Semana do Día do Libro.
venres, 25 de abril de 2025
xoves, 24 de abril de 2025
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 2025 APADRIÑAMENTO LECTOR- 1º CICLO PRIMARIA
APADRIÑAMENTO LECTOR
Os alumnos de 2º de primaria convertíronse en madriñas e padriños lectores léndolle un conto aos seu compañeiros de 1º de primaria, pasando unha mañá estupenda coas lecturas ao aire libre.
mércores, 23 de abril de 2025
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO 2025: LECTURAS DE GLORIA FUERTES- 6º INFANTIL
Os alumnos de 6º de educación Infantil celebraron o Día do Libro coa lectura de poesías de Gloria Fuertes. Incluso algún se animou a recitar en alto.
DÍA DO LIBRO: O MEU PERSONAXE LITERARIO FAVORITO É...
Como xa sabedes hoxe 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data moi especial no calendario para todas as bibliotecas.
Dende Bibliogurriarán propoñémosche unha actividade moi divertida.
A actividade consiste en enviarnos unha foto disfrazado/a dalgún personaxe do teu libro preferido. Podes escoller o personaxe literario que queiras.
Mesmo podes aproveitar algún dos teus disfraces do Entroido ou do Samaín.

Mesmo podes aproveitar algún dos teus disfraces do Entroido ou do Samaín.
Se tes o libro do personaxe do que vas ir disfrazado/a tamén o podes fotografar contigo.
Nesta actividade poden participar todos os nenos e nenas do cole, tanto de infantil como de primaria.

A foto a tes que enviar ao móbil do cole por Whatsapp. Cando a envíes, escribe cal é o personaxe literario do que vas difrazado/a. Non esquezas escribir no envío da túa foto o teu nome e o teu curso. Verás a túa imaxe que nos envíes nesta mesma publicación. Tes de prazo para enviar a túa fotografía ata o 30 de abril.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron nas Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados traballos. Resultaron gañ...