Aproveitando á visita dos animais de Pelo Pico Planta ó cole traballamos contos e adiviñas
martes, 30 de maio de 2017
Os animais
Os nenos e nenas de tres anos están a levar a cabo un Proxecto sobre os animais.Dentro deste proxecto están a traballar adiviñas de animais que se recolleron dentro deste video didáctico.
mércores, 24 de maio de 2017
Visita Ledicia Costas
Os nenos e nenas de 6º de primaria leron o libro Escarlatina, a cociñeira defunta e hoxe puideron falar del coa súa autora Ledicia Costas na biblioteca do centro.
domingo, 21 de maio de 2017
Actividades Letras Galegas
- Traballo do conto a Galiña Azul.
- Elaboración de Galiñas azuis para colgar no Malecón do Barco.
venres, 19 de maio de 2017
Proxecto:as árbores de ribeira
Os nenos e nenas de 6º fixeron un proxecto sobre as árbores da ribeira do río nas diversas estacións.
martes, 16 de maio de 2017
Florencio Delgado Gurriaran
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu no 1903 en Córgomo (Ourense). Cando tiña seis anos transladouse a Ourense e posteriormente a Palencia, onde cursou estudios de Bacharelato. Entre 1914 e 1924 estudiou Dereito en Valladolid. De regreso a Córgomo, traballou como pasante nun gabinete de avogados de Valdeorras e fíxose socio protector do Seminario de Estudios Galegos. Comezou a publicar poesías en A Nosa Terra e o Heraldo de Galicia. No 1933 ingresou no Partido Galeguista e un ano máis tarde publicou na revista Nós a súa primeira escolma; Bebedeira.
O inicio da Guerra Civil obrigouno a exiliarse; primeiro a Portugal e Francia e tres anos máis tarde a México onde exerceu diversas profesións, como a de vendedor de calzado e roupa ou representante de farmacia. Á marxe disto, colaborou con organizacións do exilio como a Alianza Nacional Galega, o mexicano Ateneo de Galicia ou O Fogar Galego; así mesmo dirixiu a revista Saudade. No 1944 participou como mandatario do Partido Galeguista no pacto Galeuzca, formando parte do Consello de Galicia en México.
En 1953 constitúese o Padroado da Cultura Galega en México que impulsou a creación da revista Vieiros; Florencio Delgado participou na súa direción ao carón de Carlos Velo e Luis Soto. En 1963 deu á luz Galicia infinda.
Regresou a Galiza no 1968, aínda que marcharía de novo. Retornaría en 1976 e en 1981 para tomar posesión do seu cargo como membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudios Valdeorreses. Ese mesmo ano publicou Cantaneras. Regresou a México e en 1986 publicou o seu derradeiro libro O soño dun guieiro.
Morreu en California en 1987 e as súas cinzas foron transladadas a Córgomo poucos meses despois.

Fonte:BVG
Aquí recollemos o traballo realizado polos nenos de 6º de primaria

Obradoiro de grafitis
Os nenos e nenas de primaria realizaron un obradoiro de grafitis sobre a figura de Florencio Delgado Gurriaran.Estes grafitis adornan os pasos de peóns da Vila.
Visita da exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca municipal.
Poemas
domingo, 14 de maio de 2017
venres, 12 de maio de 2017
Cholo e Nela
O tema deste ano é a música
Canción o pentagrama
Canción Clave de sol
Las notas musicales
Música Clasica
Las cuatro estaciones (Vivaldi)
El cascanueces
El carnaval de los animales
Danza Húngara
Reloj Sincopado
Mozart para niños
Amadeus
Instrumentos musicales
Bolero de Ravel
Danza de las horas
martes, 9 de maio de 2017
Lectura na biblioteca
domingo, 7 de maio de 2017
Charla sobre violencia de xénero
Os nenos e nenas 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla, na biblioteca, sobre violencia de xénero impartida por membrs da Garda Civil.
venres, 5 de maio de 2017
Lección sobre reciclaxe
Os alumnos dos coles da zona recibiron charlas sobre reciclaxe organizadas polo Concello,asimesmo participaron na actividade de baleirado de colectores de lixo nos patios dos centros para concienciar os rapacer da importacia de separar os residuos para a súa reciclaxe.
xoves, 4 de maio de 2017
Carlos Casares
Este ano o día das letras Galegas adícase o autor Carlos Casares
Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade
que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudiou Filosofía e Letras en
Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo,
Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición. As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969).
En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a deliciosa noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.
Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peciña dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho"). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1999) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, en 1989, o premio á creación cultural.
Colaborador habitual, durante catorce anos, da prensa coa columna "A marxe", en La Voz de Galicia, Casares recibiu tamén os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995. Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994).
Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996.

Fonte:Biblioteca Virtual Galega
Recursos na rede
Día de Europa
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas despois da segunda guerra mundial. Dende entón, esta proposta coñécese como a Declaración Schuman e considérase o xerme do nacemento da Unión Europea. Esa data marcou un fito e dende entón, o 9 de maio, pasou a considerarse como o Día de Europa
Recursos Día de Europa
Paises de Europa
Capitales de europa
Union europea
Himno
Xogos
Recursos Día de Europa
Paises de Europa
Capitales de europa
Union europea
Himno
Xogos
luns, 1 de maio de 2017
Representación dun conto
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria asistiron e participaron na representación dun conto a cargo de Sabela Gago, pertencente ao grupo de teatro Sarabela
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo
Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron nas Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados traballos. Resultaron gañ...
-
MARATÓN DE LECTURA: LUISA VILLALTA A nosa biblioteca recibíu esta mañá á nosa comunidade educativa, para coñecer e ler un pouco máis sob...
-
Os nenos e nenas de 4 anos realizaron, nesta semana de entroido, un obradoiro de cociña, coa colaboración e participación dos avós e avoas....