xoves, 8 de outubro de 2015

Contrato axudantes de biblioteca

Esta semana firmaron o contrato os axudantes de biblioteca deste curso.
Estes son os seus compromisos e funcións
Que terei que facer como axudante?

  • Comprometerme con responsabilidade durante todo o curso.
  • Se algún día non podo ir,buscarei a outro compañeiro ou compañeira e trocareille o día de garda,avisando tamén a un mestre do Equipo de Biblioteca.
  • Nada máis entrar na biblioteca poñerei o distintivo de axudante.
  • Farei o meu traballo con atención,seguindo as instruccións do mestre de biblioteca.
  • Sempre usarei as boas maneiras:non me enfadarei nin rifarei cos demais.
Nas miñas gardas de biblioteca axudarei a...
  • Facer cumplir as normas.
  • Colocar correctamente no seu andel os libros seguindo a CDU.
  • facer préstamos se é preciso.
  • Gardar os libros estragados na caixa do "Hospital para libros".
  • Comprobar que os xogos quedan recollidos e os ordenadores e luces apagadas.
  • Facer as actividades que me piden os mestres do Equipo de biblioteca ( decoración ,plantillas,etiquetas...)
Se teño algunha dúbida preguntarei os mestres de biblioteca:
  • Mª Luz (música)
  • Mª José ( infanil )
  • María (1º EP)
  • Mónica (2ºEP)
  • Inma (3º EP)
  • Mª Angeles ( 4º EP )
  • Raquel ( 6º EP )
  • Sonia ( Relixión )
  • Nacho ( Coordinador do Proxecto Edixgal )



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...