Aquí vos deixamos unha serie de libros recomendados para Infantil e 1º Ciclo
venres, 21 de decembro de 2012
sábado, 15 de decembro de 2012
PROXECTO LECTOR
LECTURA COLECTIVA 3º CICLO DE PRIMARIA
Os alumn@s de 3º ciclo de Primaria elixiron "Mil cousas poden pasar como lectura colectiva para o 2º trimestre. Se pinchas na foto podes saber algo máis do autor.
SINOPSe
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.
DATOS DO LIBRO
Nº de páginas: 232 págs.
Editorial: XERAIS
Lengua: GALLEGO
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788499140483
Año edicón: 2009
Plaza de edición: VIGO
Autor: Juan Jacobo Fernández
martes, 11 de decembro de 2012
Álbum infantil de Poesía
"PATENTE DE CORSO"
Álbum infantil ilustrado. Poemario de Rafa Vilar premiado pola Fundación Xosé Neira Vilas co Arume de Poesía 2011
domingo, 9 de decembro de 2012
Actividades Constitución
Os nenos e nenas do terceiro ciclo fixeron traballos de investigación sobre a Constitución.Aquí tedes as fotos dalgúns traballos realizados.
Fotos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo
Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron nas Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados traballos. Resultaron gañ...
-
MARATÓN DE LECTURA: LUISA VILLALTA A nosa biblioteca recibíu esta mañá á nosa comunidade educativa, para coñecer e ler un pouco máis sob...
-
Os nenos e nenas de 4 anos realizaron, nesta semana de entroido, un obradoiro de cociña, coa colaboración e participación dos avós e avoas....