23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Realizamos distintas tarefas, unha delas foi escribir sobre o noso Libro Favorito. Deseñamos dúas mazás, unha delas para E. Infantil e outra para E.Primaria. Con elas decoramos as ramas da árbore que decora a entrada da nosa Biblioteca.
Outra actividade foi a elaboración dun marcapáxinas cunha serie de recomendacións sobre como tratar os libros.
Estes marcapáxinas son usados na Biblioteca cando facemos os préstamos de libros, para que cada alumno saiba cando devolva o seu libro, onde estaba cando o levou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario