domingo, 29 de abril de 2012

Abril: mes do libro

Ao longo do mes de abril, realizamos diversas actividades para celebrar o "Día do Libro":


- A principio de mes visitounos Abraham Carreiro, coautor e ilustrador da obra lida polos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria, "Xoeliki, aventuras dun ciberpirata", un neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Abraham explicounos como creou as personaxes.













- Marcapáxinas: "Trátame ben". Traballamos a importancia de tratar ben ós libros





- Decoración da árbore que "plantamos" diante da porta da biblioteca con mazás, onde recollimos os contos e libros preferidos dos nosos nenos.


















- Presentación oral dos contos que máis nos gustaron diante dos compañeiros


- Lecturas dos contos de Andersen en soporte escrito, electrónico, internet........




 Lim sobre os contos


Contos electrónicos


-  Ademais das actividades comúns, tamén queremos destacar as actividades de aula realizadas polos nosos nenos:


3 anos
5 anos

 Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...