mércores, 19 de febreiro de 2014

DANZA MEDIEVAL

Como no Entroido imos traballar o mundo medieval, nos disfrazaremos de campesiños, pastores, mercaderes, princesas, cabaleiros, escudeiros, cociñeiros... Elaboraremos  doces típicos e tamén imos traballar a música desa época. Aquí tedes a danza que imos bailar o día do entroido.



Pincha na foto para escoitala

domingo, 16 de febreiro de 2014

Experimentos sobre a materia

Todos os obxectos están formados por materia que ten diversas propiedades comúns ( masa, volume...) e específicas que varían dunha sustancia a outra.Os alumnos de 6º B recollen neste video os experimentos que realizaron :experimentos de filtración,deformación, cambios de estado, reccións químicas, magnetismo, disolución....


mércores, 12 de febreiro de 2014

Recursos Día dos Namorados

Recursos da rede
Contos:
You Tube
Las palabras dulces
Pequeño azul y pequeño amarillo
Abrazo
La gran fábrica de palabras
Adivina cuánto te quiero


martes, 28 de xaneiro de 2014

NELSON MANDELA


NELSON MANDELA





CRONOLOXÍA DE NELSON MANDELA

18 de xullo de 1918
Nace Nelson Rolihlahla Mandela en Mvezo (Sudáfrica).
1944
Afilíase ao Congreso Nacional Africano (ANC).
1944
Funda, xunto con outros, a Liga Xuvenil do Congreso Nacional Africano (ANCYL).
1948
É elixido Secretario Nacional da ANCYL
1952
Lanzamento da campaña «Defiance» (Rebeldía), campaña masiva de desobediencia civil contra as leis inxustas.
Mandela foi elixido Voluntario nacional en xefe da campaña.
1956 a 1961
Mandela é un dos 156 acusados no xuízo por traizón.
21 de marzo de 1960
Matanza de Sharpeville, durante a cal 69 homes, mulleres e nenos foron asasinados e uns 200 resultaron feridos.
O goberno declara case de inmediato o estado de emerxencia e detén uns 18.000 que protestaban. O ANC é proscrito e Mandelapasa á clandestinidade.
1961
Formación do movemento armado do ANC, Umkhonto we Sizwe(«Punta de lanza da Nación»), con Mandela como comandante en xefe
1962
Mandela viaxa a outras partes de África e a Europa.
5 de agosto de 1962
Mandela é detido por saída ilegal do país e incitación á folga. É xulgado e condenado a cinco anos de cárcere.
xullo de 1963
Detención de destacados dirixentes do ANC en Rivonia e Mandela é acusado xunto con eles.
12 de xuño de 1964
Condenado a cadea perpetua e enviado a Robben Island(posteriormente é trasladado ao cárcere de Pollsmoor e logo ao cárcere Victor Verster).
1985
No medio de prolongadas protestas en masa contra o réxime de apartheid, o ANC inicia negociacións co goberno.
febreiro de 1990
Sae do cárcere.
1993
Recibe o Premio Nobel de la Paz (xunto con F.W. de Klerk).
27 de abril de 1994
Primeiras eleccións multirraciais celebradas en Sudáfrica con recoñecemento pleno do dereito ao voto, nas que o ANC gaña por unha gran maioría.
10 de maio de 1994
Toma de posesión como primeiro presidente democraticamente elixido de Sudáfrica, posto que ocupa durante un só mandato, ata 1999.
5 de decembro de 2013
Nelson Mandela faleceu en Johannesburgo aos 95 anos

NA BIBLIOTECA:


Temos  na biblioteca  a vosa disposición o libro "MIS CUENTOS AFRICANOS" de Nelson Mandela

Un libro donde Nelson Mandela recolle  os máis entrañables relatos antigos de África que retratan aos seres humanos, animaiss e seres fantásticos. Cada conto está retratado por 16 artistas africanos.








RECURSOS  NA REDE

Actividades sobre Mandela

- Caza do tesouro realizado por Xoaquín  Freixeiro para a aula

- Blog para profes e pais



luns, 20 de xaneiro de 2014

OS BOLECHAS



Os nenos e nenas do cole participaron no concurso dos Bolechas polo que recibiron agasallos e libros para a biblioteca.Aquí podedes consultar todos os libros de Os Bolechas que hai na nosa biblioteca.
Para máis información podes visitar a súa páxina onde  podes atopar xogos, debuxos para colorear ...( Hai que unirse o clube)
Se queredes seguir as súas aventuras 

Os nenos e nenas do cole desfrutaron dos novos libros dos Bolechas:









luns, 16 de decembro de 2013

Experimentos:o volcán

Os nen@s de 4 anos estiveron aprendendo cousas sobre os volcáns.Premer na foto para máis información

venres, 13 de decembro de 2013

domingo, 1 de decembro de 2013

A Constitución española para nenos

Esta semana celebramos o Día da Constitución. Nas aulas do cole levaremos a cabo diversas actividades para commemorar esta data.
Os alumnos de infantil e primeiro ciclo traballaremos o conto :
Los leones de las cortes:
Oa alumnos do 1º ciclo de primaria traballaron:
Las aventuras de ruedita
Os alumnos do segundo  e terceiro ciclo traballaran :


mércores, 20 de novembro de 2013

Recursos Proxecto:os castelos



LIBROS

  •  El castillo del rey Sisebuto.Colin West Ed. Anaya
  • Caballeros y Castillos V A.Mini larousse
  • Caballeros y castillos (La Casa De Alex).Philip Ardagh, Mike Gordon y Bruno Díaz .Ed La Galera.
  • Enigmas de caballeros y castillos. Silke Moritz:Ed Anaya
  • Caballeros y castillos (100 Cosas Deberias Saber) Equipo susaeta 

       NA REDE
  •    Musicograma







COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe