xoves, 30 de outubro de 2014
Actividades Día das Bibliotecas Escolares
Para celebrar este día realizamos diversas actividades: lembramos o conto do moucho sabio,a mascota da nosa biblioteca,e decoramos a súa árbore con follas matemáticas.Nesa semana tamén comezaron a circular as mochilas viaxeiras.
sábado, 25 de outubro de 2014
Libros Samaín
Libros para ler nestes días:
Educación Infantil:
A miña amiga escuridade
Ella Burfoot
Baía Edicións
Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu
cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e
bailando. Esta historia presenta á escuridade como amiga das nenas e os nenos. O
libro, para nenos a partir de 2 anos, está especialmente recomendado para evitar
o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan.
O dragón Comemedo
RuAn Baía Edicións |
A partir de 3 anos Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía
facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até
que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos.
Educación Primaria:
Primeiro Ciclo
Colección " O Baúl dos monstros" ( 10 Títulos)
A bruxa
Enric LLuch,Oscar T Pérez
Baía Edicións
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de
chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa
mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?
O vampiro
Enric LLuch
Baía Edicións
O vampiro Ladislau ten un problema: os seus cairos non están afiados e
sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de
vampiro tamén pode ser moi dura!
O esqueleto
Enric LLuch
Baía Edicións
Osiños quere ser futbolista como as
persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un
esqueleto non é posible.Pero por que non intentalo?
2º Ciclo
A noite de Samaín
Pepe Carreiro
Editorial Toxosoutos
Nova entrega da serie protagonizada pola familia dos Barbanzóns
formada por nove habitantes do castro de Baroña e o oso Banza ambientada na noite de Samaín.
xoves, 23 de outubro de 2014
luns, 20 de outubro de 2014
mércores, 1 de outubro de 2014
Biblioteca escolar.....matemática!!!
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo
Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron nas Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados traballos. Resultaron gañ...
-
MARATÓN DE LECTURA: LUISA VILLALTA A nosa biblioteca recibíu esta mañá á nosa comunidade educativa, para coñecer e ler un pouco máis sob...
-
Os nenos e nenas de 4 anos realizaron, nesta semana de entroido, un obradoiro de cociña, coa colaboración e participación dos avós e avoas....