Amosando publicacións coa etiqueta Paseniño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paseniño. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de maio de 2024

CLUB DE LECTURA PASENIÑO

Na biblioteca do noso centro existe un clube de lectura “Paseniño” no que os nenos están reuníndose  un día a semana. O obxectivo principal e  o fomento da lectura e a promoción de distintos xéneros  literarios co aporte de evidencias dixitáis, creativas e lúdicas  propoñendo a lectura individual e lúdica de cómics.

Neste momento estamos a ler o libro "Amanda Black. Una herencia peligrosa" de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Os nenos e nenas poden ampliar os seus coñecementos recorrendo a distintas plataformas para crear produtos individuais: podcast, memes, fotografías e cómic, como o creado polos alumnos en Canva


.


Tal e como destaco na entrevista realizada por Promecom Valdeorras "Non é tan importante que lean, senón  que lles guste o que len". 

Adxunto enlace o publicado da entrevista:

https://www.facebook.com/100064010231366/posts/836337841843216/?rdid=zmg3XCbTL87Zj397

Como premio pola súa implicación activa no clube de lectura realizaremos un Roteiro poético-literario de Celso Emilio Ferreiro en Celanova (23 de Abril). Os alumnos/as terán que buscar información sobre o autor, a súa obra e o roteiro na páxina da Xunta (QR). Tamén participarán coa lectura de poemas de Celso Emilio Ferreiro que gravaremos en video e despois subiremos ao blogue da biblioteca.

 Roteiro Literario Celso Emilio Ferreiro.



AMANDA BLACK EN ÁRABE






COMIC DE LEO

  Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe