NELSON MANDELA
CRONOLOXÍA DE NELSON MANDELA
18 de xullo de 1918
Nace Nelson Rolihlahla Mandela en Mvezo (Sudáfrica).
1944
Afilíase ao Congreso Nacional Africano (ANC).
1944
Funda, xunto con outros, a Liga Xuvenil do Congreso Nacional Africano (ANCYL).
1948
É elixido Secretario Nacional da ANCYL
1952
Lanzamento da campaña «Defiance» (Rebeldía), campaña masiva de desobediencia civil contra as leis inxustas.
Mandela foi elixido Voluntario nacional en xefe da campaña.
1956 a 1961
Mandela é un dos 156 acusados no xuízo por traizón.
21 de marzo de 1960
Matanza de Sharpeville, durante a cal 69 homes, mulleres e nenos foron asasinados e uns 200 resultaron feridos.
O goberno declara case de inmediato o estado de emerxencia e detén uns 18.000 que protestaban. O ANC é proscrito e Mandelapasa á clandestinidade.
1961
Formación do movemento armado do ANC, Umkhonto we Sizwe(«Punta de lanza da Nación»), con Mandela como comandante en xefe
1962
Mandela viaxa a outras partes de África e a Europa.
5 de agosto de 1962
Mandela é detido por saída ilegal do país e incitación á folga. É xulgado e condenado a cinco anos de cárcere.
xullo de 1963
Detención de destacados dirixentes do ANC en Rivonia e Mandela é acusado xunto con eles.
12 de xuño de 1964
Condenado a cadea perpetua e enviado a Robben Island(posteriormente é trasladado ao cárcere de Pollsmoor e logo ao cárcere Victor Verster).
1985
No medio de prolongadas protestas en masa contra o réxime de apartheid, o ANC inicia negociacións co goberno.
febreiro de 1990
Sae do cárcere.
1993
Recibe o Premio Nobel de la Paz (xunto con F.W. de Klerk).
27 de abril de 1994
Primeiras eleccións multirraciais celebradas en Sudáfrica con recoñecemento pleno do dereito ao voto, nas que o ANC gaña por unha gran maioría.
10 de maio de 1994
Toma de posesión como primeiro presidente democraticamente elixido de Sudáfrica, posto que ocupa durante un só mandato, ata 1999.
5 de decembro de 2013
Nelson Mandela faleceu en Johannesburgo aos 95 anos
NA BIBLIOTECA:
Temos na biblioteca a vosa disposición o libro "MIS CUENTOS AFRICANOS" de Nelson Mandela
RECURSOS NA REDE
Actividades sobre Mandela
- Caza do tesouro realizado por Xoaquín Freixeiro para a aula
- Blog para profes e pais
Ningún comentario:
Publicar un comentario