mércores, 29 de marzo de 2023

DÍA DO TRANSPLANTE PEDIÁTRICO 29 DE MARZO 2023

 

Con motivo del Día Nacional del Trasplante y bajo el hashtag #costurastrasplantepediatrico
a, Asociación HePA quiere volver a llenar sus redes con  fotos vuestras enseñando las costuras ...



                        























venres, 10 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Semana especial dedicada á prensa. Apesar do mal momento que a industria da prensa escrita leva pasando desde hai uns anos, continúan sendo un piar moi importante para a educación. Realizar actividades para traballar a prensa escrita na aula permite fomentar a lectura, ampliar o coñecemento da nosa contorna ou tamén realizar unha síntese dun texto desde un punto de vista crítico. Con motivo da semana da prensa, realizamos diversas actividades para comprender a súa importancia: -Convertémonos en escritores. Escribimos o noso nome cunha máquina de escribir antiga.








-Recortamos noticias que nos pareceron interesantes.


-Recortamos letras dun xornal para crear a nosa choiva de letras.






mércores, 8 de marzo de 2023

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe é un día moi especial para todas as mulleres. Neste día lembramos todo o que fixemos as mulleres ao longo da historia. 

Hoxe parécenos moi normal que as nenas podamos estudar, dicir o que pensamos, participar en diversas actividades, xogar xuntos ou soñar cando crezamos. Pero non sempre foi así, fai algún tempo as mulleres só podíanse dedicar ás tarefas do fogar. 

Moitas non estaban conformes e a pesar das dificultades, escondéndose ou disfrazándose, fixéronse científicas, pintoras, médicas, escritoras, inventoras..

A verdade é que lles debemos moito a estas mulleres porque fixeron posible o que parecía impensable. E xa ninguén pode dicir: "non podes facer iso porque es nena ou porque es neno"


AQUI TEDES UNHA ESCOLMA DE LIBROS SOBRE MULLERES DA NOSA BIBLIOTECA




A MULLER MÁIS IMPORTANTES PARA MIN DA MIÑA FAMILIA É...

4ºA



4ºB



5ºA




5ºB



 
6ºA

PREME NA IMAXE

xoves, 2 de marzo de 2023

ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO

 
Hoxe tivemos unha visita moi especial ao centro, "SABELA GAGO", organizado por Santillana. 

Sabelo Gago, é Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio. Reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actriz e docente teatral na compañía Sarabela Teatro, co traballo de dinamización á lectura en Concellos, Cefores, Bibliotecas e Centros educativos de Galicia.

O alumnado do primeiro ciclo de primaria, puido gozar dunha animación á lectura co conto de "Martiño".















  

Que ben o pasaron!! 

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...