- A principio de mes visitounos Abraham Carreiro, coautor e ilustrador da obra lida polos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria, "Xoeliki, aventuras dun ciberpirata", un neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Abraham explicounos como creou as personaxes.
- Marcapáxinas: "Trátame ben". Traballamos a importancia de tratar ben ós libros
- Decoración da árbore que "plantamos" diante da porta da biblioteca con mazás, onde recollimos os contos e libros preferidos dos nosos nenos.
- Presentación oral dos contos que máis nos gustaron diante dos compañeiros
- Lecturas dos contos de Andersen en soporte escrito, electrónico, internet........
Lim sobre os contos
Contos electrónicos
- Ademais das actividades comúns, tamén queremos destacar as actividades de aula realizadas polos nosos nenos:
3 anos
5 anos
Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.