luns, 24 de outubro de 2016

Proxecto prehistoria

Recursos para traballar a Prehistoria
Libros da Biblioteca


Información



Libros Lim


Xogos

Os nenos de 5 anos tranballaron no 1º trimestre o proxecto da prehistoria.Coa información recollida elaboraron un libro.


















Kandinsky

   Libros da nosa bibliooteca   
                           
     Kandinsky

Conto


Cadros


luns, 17 de outubro de 2016

Biblioteca Escolar


Para conmmeorar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de biblioteca  propón decorar a árbore da entrada con temas relacionados coas Artes. Por iso escollemos as árbores de Kandisky, E para os marcapáxinas a Picasso e Mondrian e comezan a súa viaxe as mochilas viaxeiras






Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicaciónAurasma de Realidade Aumentada.








domingo, 9 de outubro de 2016

Día da Hispanidade

  O Día da Hispanidade conmemora a efemérides histórica do Descubrimento de América por parte de Cristóbal Colón. O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental e o 12 de outubro considerouse como un día memorable porque a partir de entón iniciouse o contacto entre Europa e América, que culminou co chamado "encontro de dous mundos", que transforma as visións do mundo e as vidas tanto de europeos como de americanos, xa que grazas aos seus descubrimentos xestase a Colonización europea de América.

luns, 3 de outubro de 2016

ÁNGELES ALVARIÑO: ciéntifica galega

Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
 da científica galega Ángeles Alvariño.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (California) o 29 de maio de2005, foi unha oceanógrafa galega.

Un Ronsel de Ardora é publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.

Sinopse

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección: 
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
TipoloxíaInfantil/Xuvenil

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...