martes, 21 de decembro de 2021

FELICTACIÓN EN NADAL

 NADAL 2021

Estrea do tradicional vídeo/felicitación de Nadal do Colexio.
Nesta ocasión adicado a Valdeorras e á nosa contorna, río Sil, paisaxes, serras, corredoiras e lugares emblemáticos...con mención especial ao noso Hospital e, cómo non , a Florencio Delgado Gurriarán.
Esperamos que guste e que o reenviedes moitas veces para desexar o mellor Nadal e Ano Novo a todos os vosos achegados e seres queridos.
Noraboa a todos os nenos e nenas do Colexio por ser uns artistas!!
Graciñas a todos os Profes do Cole pola súa colaboración!!
Grazas tamén ao noso conserxe, servizo de limpeza, coidadora, comedor e ANPA Aturuxo.
Graciñas Josefina!🙂
BO NADAL!!!


venres, 10 de decembro de 2021

NOVIDADES

 Acaba de chegar recén o libro !Aprende xadrez desde cero" de Iván Salgado, para aqueles que se queiran iniciarse no  xadez os pode interesar!!!






mércores, 24 de novembro de 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

PROPOSTA  DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR  O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

1.       Para conmemorar este día propoñemos facer un colgante coa figura da FIGA (remedio contra as meigas):

·         Pasamos as plantillas e os nenos poden colorealo.

·         Quedan na sala de profes en papel, queda mellor que coa cartulina

·         Pódese plastificar

·         Poñemos cinta colgante para que os nenos o poidan levar colgado ese día (pedirémola hoxe)

2.       Practicamos a canción das Tanxugueiras “Figa” para que vaian aprendendo a letra. os de Ed. Infantil poden cantar o Ailerelé, e o retrouso: anque digan digan….

3.       As Tanxugueiras nos van a enviar unha mensaxe que poñeremos ao principio do vídeo

4.       Tamén podemos facer debuxos das Tanxugueiras en entremezclamos coas fotos da actividade.

5.       Sacamos fotos dos alumnos realizando a actividade, para facer un video coa canción  das Tanxugueiras (estamos a cantala en música para que aprendan a canción, os de Ed. Infantil poden cantar o Ailerelé, e o retrouso: anque digan digan….

venres, 22 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO 2021


 



Para celebrar o Día das Bibliotecas debuxamos o lema deste ano "A Biblioteca Escolar tén a palabra" en todas as portas das nosas aulas.

Para traballar a palabra e a oralidade os nosos nen@s levaron un libro de préstamo da Biblio para casa, e inventaron contos que relatarán a vindeira semana no noso programa de radio: "De boa mañá! (Especial Samaín)".
Estade atent@s!!!








Este debuxo dos nenos de 4 anos de Infantil foi escollido polo xornal La Región co motivo do día das bibliotecas escolares


































xoves, 13 de maio de 2021

12 de maio, cen anos sen Emilia Pardo Bazán

 O 12 de maio de 1921 falecía en Madrid a escritora galega Emilia Pardo Bazán. No centenario da súa morte, a súa figura destaca como unha das intelectuais máis progresistas da época.

No seguinte vídeo podedes coñecer un pouco máis sobre a escritora:


RECOMENDACIÓNS LECTORAS BIBLIOGURRIARÁN:





E tamén amosamos o marabilloso traballo feito polo alumnado de 6º de primaria:


luns, 26 de abril de 2021

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO: SUCEDEU NO CAMIÑO PRIMITIVO

 

Os alumnos de 5º e 6º de primaria traballarons na Unidade didáctica "Sucedeu noi Camiño Primitivo", presentada na Semana Escolar dos Camiños de Santiago para 
o XACOBEO 2021-22.


Preme na imaxe para ver as rutas









DÍA DO LIBRO 2021

 Celebramos o Día do Libro 2021,  con unha videoconferencia en directo con ana Meilán , despois de traballar nas aulas con algúns dos seus libros:

Bágoas debaixo da cama

O que a serea esqueceu

O meu desexo é...

Oito patas

A chave dos soños

Que ven esta noite

Despois da lectura, realizamos numerosas actividades relacionadas coas historias dos libros, poñéndoas nos blogs e no faceboock do cole. PREME NOS ENLACES


   BLOG DE 5º INF B

PEQUES 5 ANOS A


   Video realizado polos alumnos de 5º de primaria "O que a serea esqeuceu", 




 

martes, 20 de abril de 2021

PEQUENOS EMPRESARIOS EN SEXTO DE PRIMARIA

 Aquí tedes os proxectos dos alumnos de 6º de Primaria como PEQUENOS EMPRESARIOS:



PROXECTO DE ÁLVARO E LUIS MIGUEL



Hecho con Padlet


PROXECTO DE VALENTÍN
   








PROXECTO DE JAVIER




Feito con Padlet


PROXECTO CELIA, NEREA E ALBA



PROXECTO DE NOHAILA, ENCINA E LILIANA



PROXECTO DE GAEL

Hecho con Padlet

sábado, 27 de marzo de 2021

27 de marzo | Día do Teatro

 O Día Mundial do Teatro celébrase cada 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer oq ue representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

O teatro é un movemento cultural que ten trascendencia mundial e que se caracteriza por unha posta en escena dun grupo de comediantes e artistas. 

É unha das artes escénicas máis importantes, que conxugan unha rgan variedade de elementos e que ao mesturtalos, dan como resultado un marabilloso espectáculo.  

O teatro, a diferencia doutras artes escénicas, ten a particularidade de espertar verdadeiras paixóns, sentimentos e emocións unha vez que comeza a obra.

 Foron moitos, e seguirán sendo, as pezas literarias que se convertiron nunha peza tatral enrriba dun escenario. 

Compartimos con vós algunhas representacións teatrais de onte e de hoxe.

martes, 2 de marzo de 2021

CASTELAO

 Aquí tedes unha presentación sobre a biografía de Castelao elaborada polos alumnos de Educación Infantil e Primaria. Xenial rapaces!!!!

                                                                PREME NA IMAXE

martes, 26 de xaneiro de 2021

Animación á lectura | 'La clase de 1º y el pirata Kiko' de Isabel Bugallo

A obra de Isabel Bugallo, 'La clase de 1º y el pirata Kiko' foi presentada no noso cole a través da iniciativa proposta de Bibliogurriarán. Esta proposta de animación á lectura tivo unha moi boa acollida para os cursos de primeiro, segundo e terceiro de primaria.  

Unha obra de iniciación á lectura en formato aventura para os primeiros cursos de primaria. Ademais cabe descatar que ven acompañada de actividades interactivas integradas. 

Como desfrutamos deste proxecto nas nosas aulas? Bota unha ollada! 

 





Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...