O vindeiro día 10 celebramos o Día Universal dos Dereitos Humanos.A Asamblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 10 de decembro como Día Universal dos Dereitos Humanos porque ese día en 1948 firmouse a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal varios países acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se volveran a producir.