luns, 9 de xuño de 2025

xoves, 29 de maio de 2025

CLUB DE LECTURA PASENIÑO 2024-25: DESPEDIDA

 Para finalizar as actividades do club,  nenos e nenas do club de lectura PASENIÑO realizaron unha actividade de teatro lido para os nenos do primero ciclo: Noé e Gato fan teatro . Resultou ser Unha experiencia divertida e enriquecedora  para tod@s. 









Finalizamos as actividades do Club coe entrega dun peequeno agasallo de mans da coordinadora 
do Club Ana Mª González Rey.







CHARLAS 2024-25

 Charla sobre Igualdade promovido polo Plan Director: Os alumnos de 4º e 6º de primaria tiveron unha charla sobre Igualdade. O noso agradecemento a Vanesa e María, as relatoras da Guardia Civil que presentaron o tema de forma didáctica e reflexiva.


CHARLA VAGALUME 6º PRIMARIA - IÑAKI ZUBIZARRETA
Esta mañá os nososo alumn@s de 6º de Primaria acudiron á Casa da Cultura para recibir unha interesante charla sobre Acoso escolar.
Dita charla foi impartida por Iñaki Zubizarreta, que será tamén o invitado de esta tarde na Conferencia dos Encontros Familia-Escola.




CHARLA 1º AUXILIOS PARA 3º DE PRIMARIA

Os alumnos de 3º de Primaria participaron na actividade proposta polos Servizo Galego da saúde "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS",´unha actividade lúdica formativa sobre 1º auxilios.


INTERCAMBIO EIXO ATLANTICO

 



IV INTERCAMBIOS ESCOLARES EIXO ATLÁNTICO - AGRUPAMENTO SANTA Mª da Feira - CEIP P. JULIO GURRIARÁN.


Celebrouse un Acto institucional no Salón de Actos coas intervencións da Directora do Colexio Mariluz Moldes e a Concelleira de Cultura do Concello do Barco Margarida Pizcueta. Visionáronse vídeos sobre Valdeorras e os nosos nen@s presentaron a canción "Xente do Gurriarán".
De seguido pasaron a degustar unha pequena merenda de benvida e aproveitaron para xogar no Patio do Colexio a diversos xogos deportivos.
As actividades destes Intercambios continúan durante todo o día de hoxe e rematarán mañá Xoves coa visita á Canteira "Tres Cuñados" e a recepción oficial no Concello por parte do Alcalde do Barco Alfredo García.


BITÁCORA DE VIAXES

    

COVA DE VALPORQUERO: 

2º ciclo de primaria

Os alumnos de 3º e 4º de primaria visitaron a Cova de Valporquero en Vegacervera-León






















1º CICLO DE PRIMARIA DISFRUTARON NA GRANXA ESCOLA EN HOSPITAL DE ÓRBIGO






VISITA CENTRO DE SAÚDE - ALUMN@S DE 3 ANOS ED. INFANTIL
Na mañá de onte os nosos alumn@s de 3 Anos achegáronse ao Centro de Saúde de O Barco para visitar as súas instalacións.
Pasaron por as consultas de Rehabilitación, Pediatría e Hixienista dental.
Foi toda unha experiencia! Pasárono xenial e portáronse como uns maiores atendendo e participando en todas as actividades!


CONTACONTOS 2024-25

 


CONTACONTOS EN INGLÉS - ED. INFANTIL

Onte os nosos alumn@s de Ed. Infantil recibiron a visita de Lucía (Intensive Kids) que veu ao Colexio para facer unha actividade de contacontos en inglés.
Resultou unha actividade do mais divertida, educativa e interesante.
Moitas grazas Lucía pola túa visita!!...








CONTACONTOS SABELA GAGO 1º CICLO DE PRIMARIA


xoves, 15 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025:


Os alumnos do cole elaboraron un mural para o Día das Letras galegas con debuxos e imaxes, en homenaxe as Cantareiras e pandereteiras.








 Co gallo das letras galegas os nenos e nenas do Primeiro 

ciclo,  fixeron un obradoiro de pandeiretas,  para cantar 

posteriormente O Pasodoble Laxoso e homenaxear así 

as nosas Cantareiras!!





As cantareiras do cole pasaron polas clases cantando e bailando para os seus compañeiros.

XORNAL PASENIÑO 2025