Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de abril de 2020

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO



Comezamos cunha pequena historia, trata sobre un bichiño raro que está a pasear por aí fóra e que chega a alborotar o noso rabaño...
Sabedes o que faremos? Ummmmm!! Teredes que ver o seguinte vídeo ata o final. Descobre o que acontece! 



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 DE ABRIL

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil que se celebrou o pasado 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 








DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
23 DE ABRIL

  Outra das celebracións deste mes de abril, é o día do libro. Como todos os anos festéxase o 23 de abril.
A súa orixe remóntase ao ano 1926. O 23 de abril de 1616 falecían varios famosos escritores, Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de La Vega.

 

 Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores, así afoutar entre todos, e en particular á rapazada, a descubrir o pracer da lectura da man dun bo libro cunha chea de historias e aventuras.
Queres saber máis? Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo con algunhas curiosidades. 



Podes deixar os teus comentarios neste blog máis abaixo, no espazo habilitado. Cal é o libro que máis che gusta? Por que? Leremos e publicaremos todas as suxestións que nos fagas. Anímate a escribir! Que non che dé vergoña!







 Lembra que nestes días, ao non poder ir ao cole, podes seguir a lectura dende a túa casa a través das aplicacións Ta-Tum da editorial Edelvives e tamén coa aplicación Elbe2. Poderás atopar nelas unha morea de libros en formato dixital de diferentes temáticas.




martes, 30 de abril de 2013

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ


O autor e ilustrador do libro" mil cousas poden pasar" visitou o noso cole e mantivo unha charla cos nenos do 3º ciclo explicándolles o proceso de creación do seu libro.O final firmou os libros cun debuxo.





venres, 16 de marzo de 2012

Mochila Viaxeira - 1º Ciclo EP

Cando abrimos un libro, abrimos  unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro, temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de imaxinar, de vivir outras vidas, de comprender, ...
Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.
Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Os materiais incluídos (Dvd de Contos Clásicos e Libros variados) están pensados para que sexan do agrado de todos vós. Entre os diversos libros, inclúese un libro en inglés porque, aínda que é dun nivel avanzado, preténdese que os/as nenos/as se familiaricen con determinados vocábulos dá lingua inglesa.
Con estes materiais pretendemos acadar os obxectivos para os que foi deseñada esta actividade:

  • Toma de conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.
  • Coñecer e valorar a importancia da adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa colaboración co contorno local.
  • Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.
  •  Axudar coa lectura na tarefa de educar aos nosos/vosos fillos/as.

Como novidade deste curso, “O Meu Libro Viaxeiro”, quere convidarvos a escribir refráns, adiviñas, contos, receitas de cociña, sobre festas tradicionais, traballos típicos (vendima, recollida de oliva, matanza, ....) propios da zona na que vivides ou da zona da que procededes, relacionados coas estacións do ano.

Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                                             Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º A


  • ¨ La Granja. (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tente e maila tormenta.(Edelvives).
  • ¨ Tuppi en la bañera. (Edebé).
  • ¨ Mi cumpleaños. (Parramón)
  • ¨ El Cole. Mcmillan. Gordon Reece.
  • ¨ Rabietas, pataletas y malos modales. Jesús Jarque. La escuela de padres
  • ¨ DVD. “ El Patito Feo, Pulagarcita y la Sirenita”.

TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º B


  • ¨ Las 4 estaciones (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tente e mailo seu amigo (Edelvives)
  • ¨ Tuppi y el muñeco de nieve.
  • ¨ Mi perro Kim. (Parramón).
  • ¨ El zoo. Gordon Reece. Mcmillan
  • ¨ Celos y Rivalidad entre hermanos. Jesús Jarque
  • ¨ DVD. “Cenicienta y las dos princesas”

TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2º A

  •  Chuzos de punta. (OQO Editora).
  •  ¿Un perro, Bruno? (Edelvives).
  • Leo era un león. (Ir Indo)
  • Los 5 sentidos. (Colección Mini Larousse).
  • En Londres. Gordon Reece. Mcmillan.
  • Cómo ayudar a los hijos en los estudios. Jesús Jarque
  • DVD “Los siete cabritillos y el sastrecillo valiente”
 


TÍTULOS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 2º B


  • ¨ Un segredo do bosque. (OQO Editora).
  • ¨ El hada Lolita y el oso gruñón. (Pearson)
  • ¨ El cuerpo humano. (Colección Mini Larousse).
  • ¨ Tenéis que hacer las paces. (Edebé)
  • ¨ De compras. Mcmillan. Gordon Reece.
  • ¨ Cómo fomentar la responsabilidad. Jesús Jarque.
  • ¨ DVD. “Juan sin miedo y el rey Rana”



    COMIC DE LEO

      Os presentamos o comic de Leo de 5ºB titulado "Leo e a foto eterna" Preme na imaxe