IV INTERCAMBIOS ESCOLARES EIXO ATLÁNTICO - AGRUPAMENTO SANTA Mª da Feira - CEIP P. JULIO GURRIARÁN.
Celebrouse un Acto institucional no Salón de Actos coas intervencións da Directora do Colexio Mariluz Moldes e a Concelleira de Cultura do Concello do Barco Margarida Pizcueta. Visionáronse vídeos sobre Valdeorras e os nosos nen@s presentaron a canción "Xente do Gurriarán".
De seguido pasaron a degustar unha pequena merenda de benvida e aproveitaron para xogar no Patio do Colexio a diversos xogos deportivos.
As actividades destes Intercambios continúan durante todo o día de hoxe e rematarán mañá Xoves coa visita á Canteira "Tres Cuñados" e a recepción oficial no Concello por parte do Alcalde do Barco Alfredo García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario