Desde o Plan Director, impulsado desde a Delegación do
Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, nos ofertan charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como
ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa
protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade
persoal, tratando problemáticas como:
- a ciberseguridade,
- o acoso escolar
- a violencia sobre a muller
- as drogas e o alcol
- as novas adiccións,
- os
delitos de odio e discriminación
- a prevención dos delitos sexuais
Estas charlas son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de
Seguridade do Estado. Nos contamos coa presencia de dous axentes que informaron nunha charla acompañada de vídeos sobre ciberacoso e a
Violencia sobre a muller, para concienciar aos nosos alumnos de 5º e 6º de primaria e darlle estratexias para traballar coas redes sociais.
O noso agradecemento aos dous axentes pola súa implicación!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario