venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVERMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 PROPOSTA  DA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR  O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro é o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde se denuncia a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo. 

Para conmemorar este día, decoramos os pasillos do centro con carteis de mulleres extraordinarias, mulleres que destacaron por diversas facetas ao longo da historia. 

Outra proposta que se expón dende bibliteca, e dado que a temática é sobre Harry Potter, é a elaboración dun mural coa coprotagonita Hermione en representación de todas as mulleres. A actividade consta da elaboración dunha etiqueta en cartolina de cores.  Cada clase,  deberá escribir unha palabra na cartolina relacionada coa "NON VIOLENCIA" e despois decorala e recortala con formas. 

Ao finalizar, cada unha das palabras pegaranse no noso mural de Hermione. 

OS ALUMN@S DE 6º DE E.I: 


OS ALUM@S DE 5º E.I: 




No mural foron colocadas as palabras de todos os alumn@s do centro. Que bonito quedounos!!


Tamén se levaron a cabo lecturas relacionadas coa temática: " CO BO TRATO E A IGUALDADE NO BARCO DE VALDEORRAS" 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...