xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019


  O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas. Todos os nen@s e profes visitaron a nosa biblioteca. Decoramos a árbore da biblio con nenos e lecturas, pos o lema de Bibliotecas escolares neste curso e  BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA, creado polo ilustrador Óscar Villán. O cartel nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. Situacións que contribúen a crear ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as novas xeracións.

 Cada curso nos trouxo o seu debuxo para a decoración, e visitaron a biblioteca, onde as alumnas de 6º lles contaron contos clásicos e levaron como agasallo un marcapáxinas.


Tamén arrancaron as Mochilas viaxeiras de 6º de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Concurso de Setas. Concurso de Debuxo, pintura, manualidades... XIV Xornadas Micolóxicas do Bierzo

  Os nosos alumnos de 5º e  6º de Primaria participaron nas  Xornadas Micolóxicas do Bierzo con moitos e variados  traballos. Resultaron gañ...