Por segundo ano consecutivo,desde a Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria promóvese a celebración en novembro do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Suándose a celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia,
da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á
oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia
en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a
instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.
Desta
vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas
Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira,
quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola
riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta
aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para
transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de
excelencia que temos en Galicia."
Desde
a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das
bibliotecas públicas nodais (dependentes da administración autonómica), así
como otras informacións de Bibliotecas Escolares de Galicia, en relación con
esta temática.
Desde
a Asesoría de bibliotecas escolares ofrécese a páxina de Recursos para a
Ciencia en Galego como unha contribución ao traballo nos centros.
Fonte: bibliotecas escolares
Ningún comentario:
Publicar un comentario